El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Teresa Antequera
Juan Saravia
Más noticias

PONTEVEDRA

Os pontevedreses reciclaron case 15.000 toneladas de vidro en 2017

07-05-2018 20:43:50

Pontevedra.- Ao longo de 2017 os pontevedreses reciclaron case 15.000 toneladas de vidro, un aumento do 8 por centro respecto ao ano anterior. Cada cidadán reciclou unha media de 15,8 quilos por habitante, o equivalente a 60 envases de vidro. Deste xeito, Pontevedra sitúase como a segunda provincia máis recicladora de Galicia, só superada pola Coruña.

Así o asegurou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante a visita que realizou ao concello de Sanxenxo, un dos que mellor evolución ven demostrando nos últimos anos en relación á recollida selectiva. O delegado territorial estivo acompañado do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, así como do xerente de zona de Ecovidrio, Germán Fernández. Os tres salientaron o esforzo do conxunto da sociedade galega durante a rolda de prensa na que ofreceron cifras de reciclaxe deste material na provincia de Pontevedra.

“No caso de Sanxenxo”, matizou Cores Tourís, “cabe destacar que este municipio duplica a media provincial, e con 32,5 quilos por habitante, ten un dos mellores datos da comunidade autónoma”. De feito, segundo apuntou o delegado territorial, “Sanxenxo triplica por tres os datos da cidade de Pontevedra e incluso de Vigo, o que indica que en ambas localidades hai aínda moito que mellorar en materia de reciclaxe de vidro”.

Cores Tourís salientou que, co obxectivo de fomentar a colaboración cidadá e facilitar o reciclado dos envases de vidro, o ano pasado instaláronse nesta provincia 192 novos contedores. Esta aposta por mellorar as infraestruturas para o reciclado sitúa o parque de contedores en 4.761 unidades, 1 por cada 198 cidadáns, dato que supera á media nacional que está situada en 1 contedor cada 213 habitantes.

Cores Tourís e Germán Fernández destacaron o esforzo da poboación á hora de reciclar este material e coincidiron en que parte deste incremento débese á maior concienciación cidadá sobre os beneficios que reporta ao medio ambiente reciclar.

De feito, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que o esforzo realizado polos pontevedreses, que en 2017 reciclaron 1.143 toneladas máis, evitou a emisión de máis de 10.000 toneladas de CO2, o que equivalería a retirar case 2.451 coches das estradas ao longo dun ano e evitar a extracción de case 17.900 toneladas de materias primas da natureza, equivalentes a dous veces o peso da Torre Eiffel.

Tal e como informou o xerente de zona de Galicia-Asturias, Ecovidrio -entidade sen ánimo de lucro que se encarga desde hai 20 anos da reciclaxe de vidro en España-, xestionou máis de 161 millóns de envases o ano pasado, unhas cifras que consolidan a tendencia ascendente na recuperación deste tipo de material en Galicia, que acumula sete anos consecutivos de incrementos.


Concienciar, aspecto clave

Cores Tourís destacou que hoxe en día ninguén dubida que a reciclaxe de vidro é un elemento clave na loita contra o cambio climático e engadiu que a hostalería é un sector vital para mellorar os resultados, xa que xera un 50% dos envases de vidro dun só uso que se poñen no mercado. Neste sentido, explicou que a campaña de recollida porta a porta para establecementos de hostalería posta en marcha o ano pasado está a ter moi bos resultados entre o colectivo. “Estes servizos na provincia de Pontevedra conta cunha participación de máis de 220 establecementos”, matizou o delegado territorial.

Así mesmo, José Manuel Cores Tourís referiuse tanto ás medidas de formación como ás iniciativas de concienciación impulsadas en colaboración con Ecovidrio nos últimos meses, un esforzo que na súa opinión explica que “cada vez a xente sexa máis sensible á reciclaxe”.

Ecovidrio é a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado de residuos de envases de vidro en España. 8.000 compañías envasadoras fan posible, coa súa achega a través do punto verde, o sistema de reciclado.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias