El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

ARBO

III Andaina da Lamprea

08-05-2018 20:00:44
Cartel da Andaina da Lamprea.

Arbo.- Un ano máis, o Concello de Arbo organiza a Andaina da Lamprea, que este ano vai pola súa 3ª Edición y terá lugar o domingo 17 de xuño sendo o “pistoletazo” de saída ás actividades programadas antes da Festa da Lamprea deste ano 2018.  

Cada unha das rutas que propoñemos cada ano, nos leva a vivir unha experiencia inesquecible, e en cada “Andaina da Lamprea” coñecerás novos espazos, que desexaras visitar nas distintas estacións do ano.  

A saída será dende a Praza do Concello ás 9.30 h., configurándose como un percorrido circular de aproximadamente 13 Km. O prezo da andaina ascende a 5 euros e será ingresado no numero de conta ES12 2080 5011 8230 4000 6781.  

Está prevista a entrega de agasallos para todos os participantes e unha  degustación de lamprea e viño de Arbo. As inscricións  poderán  recollerse nas oficinas municipais ou baixarse da páxina web do Concello (www.concellodearbo.es).

Este evento non só nos leva a coñecer as rutas de sendeirismo que se converteron nunha boa fonte para mostrar os feitizos de cada zona, senón que ademais convidamos os participantes a degustar os produtos estrela da nosa gastronomía,  a lamprea e os viños das nosas adegas con D.O.  Rías  Baixas. 


Para camiñar, Arbo

A súa xeografía contén infinidade de camiños, carreiros e vías de comunicación hoxe recuperadas e rehabilitadas. O sendeirismo en Arbo, busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais tradicionais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias