El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destinará este ano 2,3 millóns a apoiar aos clubs coruñeses

18-05-2018 19:48:53

A Coruña.- A Deputación da Coruña destinará este ano un orzamento de 2,3 millóns de euros para apoiar a clubs e entidades sen ánimo de lucro da provincia no fomento da actividade deportiva en todos os seus ámbitos, dende o fomento do deporte base á organización de grandes eventos, segundo explicou o deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, José García Liñares. 

A Deputación vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das tres primeiras liñas de axudas, por importe global de 1.095.000 euros,  entre as que  destacan os 395.000 € que se destinarán a apoiar ás entidades sen ánimo de lucro da provincia na organización e desenvolvemento de grandes eventos deportivos, singulares ou de especial interese pola súa incidencia en termos deportivos, sociais ou económicos para o territorio no que se celebran. 

O orzamento mínimo destes eventos para acceder ás axudas debe ser de 50.000 euros e a Deputación achegará subvencións de entre 6.000 e 70.000 euros, en función do orzamento. 

Entre outras cuestións, as entidades organizadoras deben acreditar os recursos materiais e humanos necesarios para o desenvolvemento do evento, o número de deportistas participantes e a súa procedencia, o ámbito do mesmo (autonómico, nacional ou internacional), a inclusión ou non da proba no calendario oficial de competicións e o impacto deportivo, social ou económico previsto. 


700.000 euros para actividades e infraestruturas 

A segunda liña de subvencións publicada o pasado martes está destinada a entidades que promovan a realización de campañas que promovan a actividade física, do deporte afeccionado ou popular, a ocupación activa do tempo de lecer, ou a promoción social da práctica e os valores deportivos. Esta liña, dotada con 300.000 euros, outorgará axudas ás entidades de entre 1.000 e 30.000 euros. 

Tamén ven de publicarse o programa de subvención a entidades deportivas para infraestruturas e equipamento deportivo durante 2018, dotado este ano con 400.000 euros. 

Os clubes e entidades poderán optar a esta liña para solicitar subvencións destinadas á realización de novas infraestruturas para uso deportivo, rehabilitación ou mellora de instalacións, adquisición de maquinaria, mobiliario ou material deportivo. As axudas oscilarán entre os 1.000 e os 40.000 euros. 


Próximas liñas para competición de deporte federado 

Nas vindeiras semanas convocaranse os programas de axudas para os clubs deportivos coruñeses sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito local, provincial ou autonómico (655.000 euros) ou nacional e internacional (550.000 euros) 

No caso dos clubs que compiten a nivel local, provincial e autonómico as axudas oscilarán entre os 1.000 e os 60.000 euros que se poderán destinar a cuestións como a adquisición de material deportivo non inventariable, gastos de transporte e desprazamentos, ou gastos de participación en competicións oficiais. Para os clubs federados que compiten a nivel nacional ou internacional estas axudas poden chegar ata os 75.000 euros. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias