El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO

Os Luns do Ateneo tratan a relación de Cosimo de Medici con Compostela

19-05-2018 11:38:35

Santiago.- Este luns, o Ateneo de Santiago realizará unha nova conferencia dos Luns do Ateneo, naque, baixo o título “A cidade de Santiago de Compostela vista polo gran príncipe de FlorenciaCosimo III de Medici (1669)”, o Profesor de Historia da Arteda Universidade de Santiago Miguel Taín Guzmán analizará os pormenores da estadía do entón príncipe herdeiro do Gran Ducado da Toscana na nosa cidade entre o 3 e o 6 de marzo de 1669 con motivo da súa peregrinaxe polo Camiño Portugués. Como sempre o acto comezará ás 20.00 horas na sede de Afundación, situada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, onde se permitirá a entrada libre e gratuíta ata completar o aforo dispoñible, e rematará cunha quenda de preguntas por parte do público asistente. 

Miguel Taín posúe o Diplômed’Etudes Approfondies en Arts (ArtsPlastigues, ArtsduSpectacle, Histoire) da Universidade de l’HauteBretagneRennes IIe é Doutor en Historia da Arte na USC, centro onde exerceu diversos cargos nos últimos anos. É membro do Comité Español de Historiadores del Arte (CEHA) dende os anos 90, de Icomos-España dende 2005, da Sociedad Española de la Historia de la Construcción dende a súa fundación en 1996 e da ConstructionHistorySociety de Londres dende 2012. A súa investigación acolle diversas liñas, sempre relacionadas coa arquitectura e a arte española nos séculos XVII e XVIII en España, entre as que destacan os seus estudos sobre debuxos e planimetrías, así como os dedicados á literatura artística, de canteiría e de viaxes. 


Oferta cultural do Ateneo de Santiago

O Ateneo de Santiago presenta esta semana unha oferta cultural centrada na literatura galega, onde, como é habitual nos actos desta entidade, haberá unha quenda de intervencións do público asistente antes de rematar. Así, este martes presentarase a biografía Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego de Xosé Ricardo Losada, onde seintentan resolver os enigmas que envolven a figura do poeta nunha aura sublime e, ao tempo, revolucionaria. Coorganizado coa Editorial Galaxia e coa colaboración de Afundación, no acto, que terá lugar ás 19.30 horas na Rúa do Vilar, 19, acompañarán ao autor, o poeta Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e o profesor Antón Porteiro, que abrirá o acto en representación do Ateneo. 

 Do mesmo xeito, o xoves día 24 terá lugar o encontro anual coas autoras galardoadas co Premio da Crítica 2017 en lingua galega, coorganizado coa Asociación Galega da Crítica e coa colaboración de Afundación. Estes premios, que se deron a coñecer en Murcia o pasado día 21 de abril, recaeron nesta ocasión na poetisa Lupe Gómez por Camuflaxe e na escritora Emma Pedreira por Bibliópatas e fobólogos. Ademais das autoras, no acto, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, intervirán BurghardBaltrusch e Teresa Seara para falar das obras premiadas e a traxectoria das escritoras. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias