El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Deportes

BALONCESTO | SUPERCOPA

Santiago albergará a Supercopa da ACB en setembro

08-06-2018 16:09:26

Santiago.- O vindeiro xoves 14 de xuño asinarase o acordo para a celebración da Supercopa Endesa 2018 en Santiago de Compostela. Monbus Obradoiro (anfitrión), FC Barcelona Lassa (campión da Copa do Rei), Real Madrid (campión da Euroliga) e Kirolbet Baskonia (clasificado a través da Liga Endesa) competirán polo título no torneo inaugural da próxima temporada 2018-19
O Concello de Santiago de Compostela acollerá este próximo xoves 14 de xuño (12:00 horas) a firma do contrato para a celebración da próxima edición da Supercopa Endesa, tras o acordo ao que chegaron a ACB e o Concello. Así, o Fontes do Sar acollerá o torneo que decidirá o primeiro título oficial da temporada 2018-19.A sinatura do acordo se realizarase no Concello de Santiago coa presenza de Martiño Noriega, alcalde da cidade; José Miguel Calleja, director xeral da ACB; Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña; Miguel Temboury, director xeral territorial Zona Noreste de Endesa; Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro, e Noa Morales, concelleira de Deporte de Santiago.

Ao fío tamén deste anuncio, a Xunta de Goberno aprobou este venres o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para financiar esta Supercopa. A alcaldesa en funcións, María Rozas, explicou que o acordo aprobado hoxe contempla que "a Deputación da Coruña achegará 121.000 euros ao financiamento do patrocinio da competición, unha cantidade idéntica á que financiará o Concello de Santiago". Precisamente hoxe, o Pleno da Deputación da Coruña aprobou unha modificación do seu orzamento para facer fronte á súa parte do convenio.

María Rozas salientou a importancia de que a Supercopa se celebre en Santiago "porque porá a capital galega no foco do mundo do deporte, e porque completará un outono cheo de citas de interese no ámbito deportivo, como o Mundial de Xadrez ou o Día do Deporte".


Obradoiro, FC Barcelona, Real Madrid e Baskonia 

A Supercopa Endesa de Santiago de Compostela 2018 disputarase entre o 21 e o 22 setembro, datas supeditadas á confirmación por parte da Asemblea Xeral ACB.

Ademais, a nómina de participantes xa está completa. Son os seguintes: Monbus Obradoiro, en condición de anfitrión; FC Barcelona Lassa, como campión da Copa do Rei Gran Canaria 2018; Real Madrid, como campión da Euroliga 2017-18, e Kirolbet Baskonia, que está disputando as semifinais da Liga Endesa.

A praza que quedaba vacante para disputar a Supercopa Endesa 2018 correspóndelle ao campión da Liga Endesa. Se este fora un de los equipos xa clasificados para a Supercopa Endesa, ocuparíaa o subcampión. E se este tamén tivera xa praza, a vacante ocuparíaa o mellor clasificado da liga regular. Dado que a final só a poden disputar xa Real Madrid, FC Barcelona Lassa e Kirolbet Baskonia, e os dous primeiros teñen praza asegurada, o conxunto baskonista ve garantida así a súa participación no torneo como campión, subcampión da Liga Endesa o mellor clasificado da liga regular (foi segundo, por detrás do Real Madrid). Concello de Santiago





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias