El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PP

Galicia, a cuarta autonomía con máis delegados no Congreso Nacional do PP

12-06-2018 17:25:13

Galicia será a cuarta Comunidade Autónoma con máis delegados no Congreso Nacional do Partido Popular, cun total de 279 compromisarios electos e 48 natos.   

A militancia delegará o seu voto nos compromisarios, que actúan como representantes que se asignan a cada territorio en función dun dobre criterio: un 75% corresponde ao número de militantes e o outro 25% aos resultados das últimas eleccións xerais nese lugar –a porcentaxe de voto ao PP nos comicios Xerais de xuño de 2016 foi do 41,49%, sendo a forza máis votada con case 20 puntos de diferenza co PSOE-. Nese sentido, cómpre sinalar que o PPdeG conta con máis de 101.000 afiliados en Galicia.   

Por provincias, Pontevedra conta con 84 compromisarios –dous deles de Novas Xeracións-, A Coruña con 78 –dous deles de NN.XX.-, Ourense con 73 –un deles de NN.XX.- e Lugo con 44 –un deles de NN.XX.-. Á súa vez, cada sede provincial asignará aos representantes correspondentes de cada concello nos comités locais que se celebrarán a partir de hoxe e nos próximos días.   

Ademais dos electos, entre os compromisarios natos atópanse os catro presidentes provinciais, o presidente do Parlamento galego, os alcaldes das capitais de provincia e todos os integrantes do Comité Executivo nacional, así como senadores, deputados do Congreso e eurodeputados.   

Hai que lembrar que foi o propio Mariano Rajoy o encargado de anunciar onte a data do vindeiro conclave nacional do partido, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo en Madrid, e que servirá como punto de partida para un proceso de renovación interna da formación onde a militancia terá un papel fundamental, xa que será a encargada de escoller ao novo presidente do Partido Popular. De feito, trátase do primeiro congreso no que os militantes terán voto directo sobre os aspirantes a presidir o partido. Departamento de comunicación                                   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias