El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso viaxará a finais de mes a Arxentina e Uruguay

12-06-2018 17:34:44
Valentín González Formoso (2i).

A Coruña.- O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, viaxará a Buenos Aires e Montevideo a finais deste mes de xuño para reunirse con diversas asociacións galegas no exterior e coñecer as infraestruturas e servizos financiados con fondos provinciais, así como coñecer de primeira man as súas necesidades. 

González Formoso reuniuse esta mañá con  Diego Martínez Duro e Lorena Lores, presidente e a secretaria da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, que integra a unha vintena de colectivos galegos no país e dende 2005 xestiona o Museo da Emigración Galega de Buenos Aires (MEGA), onde se custodian numerosos documentos, obras de artes, obxectos históricos, fotografías e bibliografía relativa á diáspora galega. 

O presidente provincial interesouse pola situación dos colectivos galegos en Arxentina e destacou o gran traballo realizado pola entidade durante os anos nos que estivo ao fronte Francisco Lores, ao que definiu “unha figura clave da emigración galega”. Formoso afirmou que a Federación “seguirá contando, coma sempre, co apoio da Deputación da Coruña para os seus proxectos e actividades, dos que se beneficia a ampla comunidade galega de Buenos Aires”. 

Pola súa banda, os directivos da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina recoñeceron e agradeceron “papel determinante” da Deputación da Coruña e do expresidente Salvador Fernández Moreda para impulsar o MEGA “unha iniciativa única, na que se recolle toda a historia da nosa emigración” e explicaron que están a levar a cabo un proxecto de dixitalización dos seus fondos documentais co obxectivo de “manter este legado histórico para as vindeiras xeracións de galegos en Arxentina”.  

Formoso aceptou a invitación dos responsables da Federación para visitar a sede da entidade e o MEGA na rúa Chacabuco da cidade bonarense e coñecer de primeira man as múltiples actividades que a entidade desenvolve para reivindicar a impronta galega na historia de Arxentina. 

O presidente provincial ten previsto visitar tamén durante a última semana de xuño o Centro Galicia e o Fogar Galego para Anciáns de Buenos Aires e a Casa de Galicia e o Fogar Español de Montevideo (Urugay), entidades coas que a Deputación da Coruña mantén estreitos lazos de colaboración dende hai anos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias