El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

BALONCESTO

Santiago acollerá en setembro a Supercopa de Baloncesto

14-06-2018 20:51:00
Presentado a Supercopa de Baloncesto.

Santiago.- O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director xeral da ACB, José Miguel Calleja, o director territorial de Endesa, Miguel Temboury, o presidente do Monbus Obradoiro, Rául López, e a concelleira compostelana de Deportes, Noa Morales participaron hoxe no Concello de Santiago de Compostela na presentación da Supercopa Endesa de Baloncesto 2018 que se disputará os días 21 e 22 de setembro no multiusos Fontes do Sar, onde o Monbús Obradoiro xogará coma anfitrión. Ademáis xogarán o FC Barcelona, campión da Copa do Rey; o Real Madrid, campión da Euroliga, e o Kirolbet Baskonia, calsificado a través da Liga Endesa.

Os representantes institucionais participaron na sinatura do contrato para a celebración do evento e posaron para os reporteiros gráficos na praza do Obradoiro. 

Na súa intervención, González Formoso destacou a importante presencia da Deputación da Coruña na promoción do deporte na provincia, “desde o apoio ás categorías base nas que comezan a forxarse os talentos deportivos ata os grandes eventos coma o que hoxe presentamos, que trascenden o ámbito deportivo pola súa proxección e impacto económico”.

“Dicía un dos grandes xogadores de baloncesto de todos os tempos, Michael Jordan, que o talento gaña partidos pero o traballo en equipo gaña campionatos. O feito de que esteamos hoxe aquí é tamén froito do traballo en equipo de numerosas persoas, entidades e institucións ás que quero agradecer o seu esforzo e implicación para que Santiago acolla a Supercopa de Baloncesto 2018”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega afirmou que “o baloncesto está no ADN” da cidade compostelá e sostivo que “queremos que esta Supercopa sexa tamén un agradecemento ao Obradoiro e á súa afección porque os que forman parte da caldeira do Sar merecen todo o recoñecemento”.

O presidente do Obradoiro, Raúl López, felicitouse porque a Supercopa de Baloncesto se dispute por primeira vez en terras galegas e expresou o orgullo do club por participar na competición como equipo anfitrión con algúns dos mellores equipos do baloncesto español. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias