El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA

O XIV encontro galego de saxofón achega á capital de Galicia músicos de recoñecido prestixio

16-07-2018 19:24:25

O XIV Encontro Galego de Saxofón achega a Santiago de Compostela desde hoxe e ata o vindeiro venres 20 de xullo músicos de recoñecido prestixio, como Marie Bernadette Charrier, Hilomi Sakaguchi, Paula Gago ou o Fukio Saxophone Quartet, que lles impartirán clases aos estudantes de grao superior, elemental e escolas de música tanto galegos como de toda a xeografía nacional. O encontro está organizado por Factoría Galega do Saxofón, co apoio da Consellería de Cultura e Educación.

Trátase dun dos cursos dedicados ao saxofón máis lonxevos do país e nel participan estudantes, sobre todo de Galicia, pero tamén de Asturias, País Vasco e Navarra.


Compostela FestiSax

Este Encontro Galego de Saxofón, que chega á súa décimo cuarta edición, é tamén unha oportunidade para ampliar a oferta cultural musical do verán, que lle permite ao público achegarse á música da man dos grandes profesionais deste instrumento e do seu alumnado máis avantaxado.

O encontro ten dúas partes diferenciadas, a lectiva e a dos concertos, o Compostela FestiSax. Así, mañá martes 17 de xullo, ás 19:30 horas no CGAC, e como novidade desta edición, os profesores do Encontro ofrecerán un concerto caracterizado pola temática contemporánea. Colaborarán tamén os saxofonistas locais Diego García, Rocío Hermida e Javier Comesaña.

O mércores 19 de xullo ás 19:30 horas, na Igrexa da Universidade, Fukio Saxophone Quartet ofrecerá un concerto de temática máis clásica. E o venres 20, á mesma hora, na Igrexa da Universidade, poráselle o punto final a esta edición do encontro co concerto de clausura, no que participará todo o alumnado.


Formación e difusión musical

Co fin de favorecer a formación musical e a difusión dos novos talentos, a Secretaría Xeral de Cultura vén colaborando con diversas propostas que se desenvolven en diferentes puntos da comunidade galega. Así, canda o Encontro Galego de Saxofón, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo colabora con iniciativas como o Festival Peregrinos Musicais, o Festival Hércules Brass ou o Campamento Agolada Musical 3.0, entre outros. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias