El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG denuncia que o acordo acadado entre a Comisión Europea e Marrocos vulnera a legalidade internacional

21-07-2018 13:42:55
Ana Miranda.

A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda,critica duramente o acordo en materia pesqueira acadado entre a Comisión Europea eo Reino de Marrocos, xurdido tras as negociacións rematadas onte, xa que considera que se trata dunha vulneración da legalidade internacional, que esta recoñece como lexítimo dono das augas ao Sáhara Occidental .   
O pasado mes de febreiro, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea excluíu as augas Saharauis do acordo pesqueiro con Marrocos e recoñeceu que o único e lexítimo propietario destes recursos é o Pobo Saharaui. Desde entón, segundo o BNG, debería terse impulsado un acordo pesqueiro coa República Árabe Saharaui Democrática (RASD) “e non continuar vulnerando a legalidade”.   

“O BNG quere, por suposto, que exista un acordo de pesca, pero nas augas territoriais do Sáhara Occidental hai que facelo co FrentePolisario, e non con Marrocos, que incumpre todos os acordos”, explica Ana Miranda, quen lembra que hai xa dúas sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo sinalando que o acordo é ilegal.   

A eurodeputada do Bloque critica, ademais, a afirmación da Comisión Europea segundo a cal esta consultou todas as partes preceptivas. “Isto non é certo, porque non consultaron a parte saharaui”, denuncia. “A Comisión non pode saltarse todos os procedementos e pasar por alto as sentenzas do Tribunal de Xustiza”, apunta.


Favores que pagar

“O BNG quere que exista un acordo de pesca, pero non quere un acordo de pesca ilegal en augas que son propiedade do seu lexítimo dono, o Pobo Saharaui, tal e como di a normativa internacional”, subliña Ana Miranda, quen lamenta que a Comisión Europea “siga a ser comprada por Marrocos como sempre, porque hai moitos favores que pagar, sobre todo en relación á emigración”.   

“Non se pode cortoplacistadefendendo os dereitos humanos por un lado, facendo un paripé, e logo, cando se trata de defendelos de verdade coa poboación afectada, deixalos de lado”, manifesta Miranda. A eurodeputada critica asemade a política, colonialista que leva a cabo Marrocos que desvía poboación marroquí ás zonas saharauis pesqueiras, facéndoa pasar por poboación local. Este procedemento vulneraos acordos da ONU, xa que estes estipulan que os acordos de pesca deben beneficiar as poboacións locais, é dicir, á poboación saharaui.   

A respecto dos barcos que se atopan faenando nestas augas, a eurodeputada galega defende que desde o Bloque “queremos que sigan faenando alí, pero tras o preceptivo acordo co seu lexítimo dono”. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias