El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

275.000 euros iniciativas para a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

01-08-2018 17:24:46
Ánxela Franco.

A Coruña. A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a listaxe provisional das entidades sen fin de lucro que serán beneficiarias da liña de subvención artellada pola institución para o mantemento de políticas de igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A Deputación apoiará o traballo de 31 entidades da provincia cun orzamento de 275.556 euros.

A área de Benestar Social, Educación e Igualdade da Deputación da Coruña, que dirixe a deputada Ánxela Franco, contribúe á loita pola igualdade de homes e mulleres a través desta liña de axudas dirixida a entidades en fin de lucro á que se destinan máis de 275.000 euros para impulsar o desenvolvemento de programas e actividades que promovan a igualdade de xénero e incidan na erradicación da violencia machista.

Mellorar a empregabilidade, favorecer a conciliación familiar, fomentar  a responsibilidade compartida, e outras iniciativas que contribúan ao empoderamento das mulleres na sociedade son algunhas das liñas de traballo propostas polas 31 asociacións da Coruña que disporán das achegas económicas da Deputación para este ano 2018.

A responsable da área de Igualdade, Ánxela Franco subliñou que “acadar unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes é un dos grandes retos que nestos momentos temos para construír unha sociedade mellor”. Desde a Deputación da Coruña, apuntou,  "temos o compromiso de impulsar todas aquelas accións que nos fagan avanzar cara a consecución deste obxectivo”.

Así mesmo, a deputada insistiu na necesidade de deseñar proxectos que aborden dun xeito integral a violencia de xénero e nas distintas iniciativas destinadas á formación das novas xeracións co obxectivo de acadar unha sociedade máis igualitaria. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias