El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | ENFERMEDADE MENTAL

A Xunta colabora nun programa de axuda a mulleres con enfermidade mental

06-08-2018 13:32:43

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Burela na clausura do programa “Coidando de Min II”, dirixido a mulleres con enfermidade mental e impulsada pola Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña.

A iniciativa desenvolveuse entre xaneiro e xullo co obxectivo de que as participantes conseguiran mellorar a súa propia saúde mental. Para logralo, organizáronse talleres e unha atención psicolóxica individualizada que tivo en conta as necesidades específicas de cada muller.

O apoio prestado supuxo importantes mellorías, grazas ao aumento da seguridade en si mesmas, á ausencia de recaídas e á mellora na xestión de situacións adversas, entre outros aspectos.

A administración autonómica colaborou con esta iniciativa a través da orde de axudas destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para desenvolver programas de atención dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que para este ano conta cun orzamento para toda Galicia de 1,5 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Estes programas teñen como obxectivo fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e persoal.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias