El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación concede vinte bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos no exterior

07-08-2018 18:29:19

A Coruña. Centros de estudo especializados en formación artística de Lyon, Nova Yor, Sao Pauo, Bos Aires, Barcelona ou Porto acollerán as 20 persoas beneficiarias coas bolsas da área de Cultura da Deputación da Coruña. A esta actuación de formación artística destina un orzamento de 180.000 euros.

A Deputación da Coruña vén de publicar na súa web a listaxe provisional das persoas que serán beneficiarias das 20 bolsas de formación artística nas áreas de música, artes plásticas e visuais, teatro e interpretación, audiovisual,ilustración e a banda deseñada. 

Por especialidades, 10 destas bolsas están dirixidas a completar estudos de música, 3 ás artes plásticas e visuais, 4 a estudos de teatro e interpretación escénica, 2 ao mundo do audiovisual e, finalmente, 1 ao eido da ilustración e banda deseñada.

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que “estas bolsas teñen por obxecto apoiar a todas aquelas persoas que queren completar  e perfeccionar os seus estudos artísticos e que, por diferentes motivos, teñen dificultades para atopar o financiamento necesario para acceder a este tipo de estudos”. Así mesmo, subliñou que “o apoio institucional é fundamental para garantir a calidade e o futuro das creacións artísticas en Galiza” e que, este tipo de bolsas “son o mellor investimento que podemos facer como sociedade para contribuír ao afortalamento da nosa Cultura”.

Así, a Deputación da Coruña contribuirá ao financiamento de estudos avanzados e de mestrado en centros de recoñecido prestixio internacional como son o Conservatorie National Superieur de Musique et Danse de Lyon, a Manhattan School of Music, o Centro Universitario de Belas Artes de Sao Paulo, a Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Cataluña, a Universidade Nacional das Artes de Bos Aires ou a Facultade de Belas Artes de Porto. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias