El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

O PSdeG aplaude que o Goberno busque "solucións" para a entrega da recadacion do IVE ás comunidades

09-08-2018 19:52:38

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo en valor a busca de “solucións” por parte do goberno socialista ao “problema que xerou o PP” no relativo á entrega da recadación do IVE ás comunidades autónomas.   

Tralo “exercicio de cinismo” de Feijóo, que tivo que recoñecer ante a ministra de Facenda que a situación actual é consecuencia dos cambios normativos impulsados na etapa do PP, púxose de manifesto o “compromiso” do goberno que encabeza Pedro Sánchez coa “mellora da financiación” das autonomías.   

De feito, como xa ten sinalado o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, hoxe a ministra amosou a súa vontade de “explorar unha solución dialogada e multilateral” que permita “reverter o efecto negativo” que ten sobre as arcas autonómicas “o cambio na xestión do IVA que aprobou o anterior goberno”.   

Neste escenario, o líder dos socialistas galegos volveu reclamar a Feijóo “lealdade institucional” cun goberno que está “aportando solucións aos problemas xerados polo PP” na anterior etapa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias