El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PÓTICO DA GLORIA

A Xunta mellora os accesos ás visitas do Pórtico da Gloria

10-08-2018 16:11:41

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, supervisou hoxe as melloras realizadas nos accesos ás visitas do Pórtico da Gloria, na Catedral de Santiago, cunha instalación que incrementa a ordenación das quendas de entrada e, ao mesmo tempo, contribúe á promoción doutros destinos da Comunidade.

O novo sistema organiza a quenda de espera dos visitantes a través dunha estrutura que permite optimizar o seu correcto regulamento. De xeito paralelo, o espazo contribúe á promoción doutros destinos galegos e doutros recursos da propia capital galega, en liña co obxectivo de diversificación que está a impulsar a Estratexia do turismo de Galicia 2020.

A instalación componse de imaxes e material informativo dalgúns dos principais atractivos da Comunidade a través dos seus dez produtos cabeceira de marca. A cartelería, lista no comezo do horario de visitas deste venres, inclúe tamén códigos QR que permiten que os visitantes amplíen o seu coñecemento da oferta a través dos seus teléfonos móbiles, tanto de Galicia como do que se pode facer en Santiago de Compostela.

Esta campaña potencia as relacións entre os distintos territorios e destinos da Comunidade e pon en valor produtos turísticos diferenciadores da oferta galega ante un público obxectivo interesado en recibir este tipo de información, que pode así alongar a estadía da súa viaxe.


Ata finais de setembro

Desde a súa apertura en xullo, grazas ao convenio de colaboración asinado entre Catedral de Santiago e Xunta, máis de 20.000 persoas puideron visitar o resultado da restauración do Pórtico da Gloria nesta primeira fase do plan de ordenación de visitas deseñado polo Cabido que se estenderá ata finais de setembro. Ao abeiro deste acordo, Turismo de Galicia fai posible que se dispoña dun equipo permanente de vixiantes de seguridade en todo o horario de apertura que se encarga de regular os fluxos de visitantes sempre co compromiso social e institucional de garantir a súa completa salvagarda, boa xestión e óptima conservación.

Os grupos, cun máximo de 25 persoas, acceden de balde e por orde de chegada cun amplo horario de luns a domingo desde as 8,00 horas ata as 22,00 horas, tendo en conta que o último acceso é ás 21,45 horas. O tempo máximo de visita é de 15 minutos. Para grupos de persoas con discapacidade, a Catedral de Santiago facilitará percorridos alternativos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias