El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA

A ESAD convoca tres días de folga

13-09-2018 16:15:48

Vigo. Despois da aprobación maioritaria dos seus traballadores e traballadoras, convocamos para a semana que vén tres días de folga na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo en protesta porque nos últimos dous anos se consumara a perda de seis postos de traballo. En concreto, para este curso académico a dirección do centro reclamaba tres novas vacantes e a Consellaría, tras o informe do funcionario da inspección educativa, non só non concedeu ningunha senón que eliminou outras tres adxudicando só 34 interinidades, cando en 2014 chegou a contar con 42. Esta decisión chega nun momento no que se incrementou considerablemente o número de alumnado matriculado nos primeiros cursos e no que en certas especialidades como dirección escénica ou dramaturxia, após os peores anos da crise económica, xa estea estabilizado. 

O claustro do centro atribúe estas decisións ao particular asañamento do inspector encargado desta área, Gustavo Lorenzo Prozzo, que se manifesta na intromisión nas prazas solicitadas, cambiando nalgúns casos o seu perfil, no acoso aos cargos directivos e no menoscabo á autoridade do profesorado. Así mesmo, acúsano de aplicar a normativa dun instituto de Secundaria nun centro no que se imparten estudos superiores, equivalentes ao grao universitario coas particularidades que teñen estas ensinanzas. 

A CIG-Ensino apoiará durante estes tres días de folga as diversas concentracións de protesta, organizadas polo persoal da ESAD, para reclamar a adxudicación das vacantes solicitadas e que se celebrarán nos seguintes lugares:

 - LUNS 17: Concentración ás 12 diante do Edificio da Xunta en Vigo

. - MARTES 18: Concentración ás 11 na Xefatura Territorial de Pontevedra

.- MÉRCORES 19: Concentración ás 11 na Xefatura Territorial de Pontevedra.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias