El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | BNG

O BNG pregunta á Comisión Europea pola venda de armas a Arabia Saudita

15-09-2018 10:37:14

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda,pregunta á Comisión Europea pola venda de armas a Arabia Saudita nunha pregunta escrita dirixida á Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguridadee vicepresidenta da Comisión, FedericaMogherini,en relación a exportación de armas por parte de Estado español de 400 bombas de precisión láser. Miranda reclama ademais que se garanta que as exportacións non poidan ser empregadas para cometer violacións dos dereitos humanos.   

A eurodeputada nacionalista lembra que o Estado español asinou o “Tratado sobre o Comercio de Armas” que esixe unha exportación responsable de armamento e que as armas exportadas non se usen para cometer violacións ao dereito internacional. Ao respecto a coordinadora de Internacional da Executiva do Bloque sinala que un dos supostos baixo o que a exportación de armas estaría prohibida é se existe información de que as armas poderían empregarse para cometer ataques dirixidos contra civís ou bens de carácter civil.   

Ao respecto, Ana Miranda recorda asemade que o atentado perpetrado en Iemen no pasado mes de agosto, no que faleceron ducias de nenos e nenas, foi reivindicado por Arabia Saudita, polo que reclama que o Estado español “non sexa cómplice desas terribles matanzas”.   

Segundo os datos manexados polas organizacións de defensa dos dereitos humanos, a utilización de bombas occidentais en Iemen ten provocado máis de 10.000 civís mortos, e case 9 millóns de persoas en situación de miseria. Neste sentido a eurodeputada do Bloque critica as palabras ministro de Asuntos Exteriores español, JosepBorrell, segundo as que "as armas de precisión non crean efectos colaterais", polo que non atopa razóns para paralizar a venda. 


Complicidade dos Estados

“É inxustificable e rexeitable a complicidade de moitos Estados europeos que seguen exportando armas aos saudís”, polo que defende que a Unión Europea investigue e aclare se as exportacións de armas a Arabia Saudita foron empregadas contra a poboación en Iemen e reclama garantías de que isto non aconteza e demanda coñecer cantos Estados europeos venden armas a este país.    

“Desde o BNG defendemos unha política e unhas relacións internacionais baseadas na paz e na solidariedade cos pobos e as xentes que se atopan en situación de pobreza”, subliña Ana Miranda, quen considera preciso que a Unión Europea defina e poña en práctica unha política internacional propia, orientada ao fortalecemento da ONU, para que desempeñe o papel para o que foi creada de mediadora nos conflitos e que free a política militarista.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias