El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Fejóo: "A democracia nace nas pequenas unidades de convivencia"

17-09-2018 10:12:28

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, afirmou hoxe que na democracia local, dos concellos, na democracia de proximidade que se practica todos os días nos pobos e vilas está un dos factores da rexeneración do noso sistema de convivencia.  

 “A democracia nace nas pequenas unidades de convivencia para estenderse a ámbitos maiores, e por iso é aí onde reside o xerme da democracia do futuro”, dixo, lembrando que Galicia non é outra cousa que unha democracia formada por democracias municipais, dentro dunha democracia que configura a nosa nación, e no contexto dunha democracia europea na que seguimos confiando.   

Durante a presentación do alcalde de Ourense no almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum-Tribuna de Galicia, Feijóo destacou ademais a necesidade dunha democracia –europea, nacional, galega ou municipal- que achegue solucións, que responda aos retos e que se adiante aos escenarios do futuro.   

Fronte a un estilo político que menospreza a madurez da xente e a trata como se fose unha sociedade pueril ou adolescente, asegurou que o gobernante responsable ve no seu pobo unha madurez suficiente para entender e compartir medidas que non sempre teñen un impacto positivo inmediato: “Un auténtico líder segue o seu pobo, e tamén sabe poñerse diante para sinalar o camiño que considera axeitado”, abundou.   Nesta liña, aseverou que son políticos como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, os que permiten confiar nun pleno retorno ao sosego, á tranquilidade e á normalidade que se bota en falta.   

“Jesús Vázquez Abad non elude o compromiso de gobernar nunha situación precaria, nin se reviste de tons grandilocuentes para gañar o favor dos veciños. Sitúase nas antípodas dos rexedores ególatras que fan da extravagancia a súa norma de conduta”, dixo, ao que engadiu que lle gusta insistir en que sempre se poden facer mellor as cousas.   

Así mesmo, resaltou que o novo e o tradicional desembocan en rexedores como Vázquez Abad para facer un compendio semellante á nosa sociedade. “Unha Galicia privada da herdanza do pasado ou sen os seus elementos renovadores, sería unha Galicia incompleta e feble. Un Ourense exclusivamente clásico ou moderno, sería unha cidade eivada”, afirmou, asegurando que con esta idea, o Goberno galego apostou por potenciar o elemento clásico ao reformar a catedral de San Martiño de Ourense, rehabilitar vivendas do seu centro histórico e reformar a Ponte Vella.   

Todo elo sen perder de vista a modernidade, plasmada en proxectos como: un centro interxeracional, o primeiro de España; un innovador ecobarrio, ou conexións de transporte que impulsen o tecido económico da cidade, como a estación intermodal e o enlace do polígono de San Cibrao coa A-52.   

Feijóo recordou que a Administración autonómica tampouco esqueceu algo moi importante para o alcalde: os servizos sociais, colaborando co Concello para poñer en marcha unha nova residencia de 120 prazas, presentando o proxecto dun novo centro para persoas con discapacidade e ampliando o hospital público.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias