El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

CICLISMO | VOLTA A GALICIA

A Volta a Galicia presentou as catro etapas

18-09-2018 20:50:24
Presentación oficial da XVII Volta Ciclista a Galici

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela albergou este martes a presentación oficial da 17ª Volta Ciclista a Galicia –Homenaxe a Suso Blanco Villar- que este xoves comezará en Verín coa disputa dunha contrarreloxo por equipos,  primeira etapa desta rolda. 

No acto de presentación da carreira galega que concluirá en Monforte de Lemos o vindeiro domingo estivo presente a Secretaria  Xeral para o Deporte, Marta Míguez que valorou o ciclismo como “un dos deportes máis duros e esixentes e os ciclistas son dunha pasta especial capaces de sobrepoñerse ás adversidades mesmo saíndo fortalecidos”.

Míguez estivo acompañada no acto polo Deputado provincial por Lugo, Pablo Rivera; o alcalde de Monforte, José Tome; o concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Jesús Sueiro e o Tenente da Garda Civil Antonio Rodríguez Cid así como o director da Volta, Guillermo Sande; o ex ciclista e Director Deportivo Jesús Blanco Villar a quen a Volta rende homenaxe nesta edición e o presidente da Federación  Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz. 

Para realizar a análise das etapas, Blanco Villar sinalou que “a  contrareloxo por equipos que abre a rolda pode ser decisiva porque se tesun mal día déixache descolgado”. O ciclista profesional Gustavo Cesar Veloso comentou que “a segunda etapa con saída e chegada en Sanxenxo pode animar a algunha escapada aínda que o porto decisivo na subida a Armenteira está lonxe de meta”. Outro exciclista como  Ezequiel Mosquera falou da terceira etapa en Boiro como un día “propicio para atacar e difícil para defender”. Por último o exprofesional Marcos Serrano especulou coas posibilidades de “decidir a proba na última etapa de Monforte xa que os ciclistas afeccionados semprepelexan ata o último metro de carreira”. 

A Volta 2018 consta de catroxornadas de competición. A carreiracomezará este xoves, día 20, cunhacontrarreloxo por equipos de 10 quilómetros e saída e chegada en Verín. O venres será a primeira etapa en liñaSanxenxo-Sanxenxo de 148 km. A provincia da Coruña acollerá o sábado a terceiratirada con saída e chegada en Boiro de 150 quilómetros de distancia. A rolda decidirase o domingo na capital da Ribeira Sacra sobre 146 km, que teránsalída e chegada na Rúa dá Compañía de Monforte de Lemos. 

Un total de 133 ciclistas de dezanove equipos formarán o pelotón das categorías elite e  sub23. Seis conxuntos galegos estarán na  linea: Grupo Supermercados  Froiz, Club Ciclista Rías Baixas, Padronés-Cortizo- Anova,  Autronic-Club Ciclista Vigués, Cambre-Renault  Caeiro e  Team Guerciotti- Kiwi Atlántico. 

A representación do resto de España compóñena os asturianos  Kuota-Construcións Paulino e Cidade de Oviedo; as formacións cántabras do  Gomur, e do  Aldro; a estremeña do Bicicletas Rodríguez, os navarros do  Lizarte; os madrileños de  RH  Polartec-Fundación Contador; os valencianos de  Gsport Valencia  Wolfbike, os tinerfeños do Tenerife  Bike  Point e os leoneses do Deputación de León - Arte en  Transfer. 

A nivel internacional, nesta edición destaca a presenza do equipo francés do  Delko-A  PommeMarseille que se suma aoconxunto ruso do  Lokosphinx e aoMaiaUniao Ciclista de Portugal. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias