El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina 455.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores da provincia

04-10-2018 14:14:41

A Coruña. A Deputación da Coruña destina este ano unha partida de 455.614,38 euros para apoiar a 31 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia na contratación de persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización. 

A resolución desta liña de axudas para a contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, aluguer de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades ou contratación de servizos externos, como a vixiancia, publícase hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As axudas oscilan entre os 3.600 e os 20.000 euros. 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que con estas liñas de axudas da área de Promoción Económica, o goberno provincial quere seguir apoiando un “sector estratéxico, de gran importancia social e económica en Galicia e particularmente na provincia da Coruña, onde pesca e acuicultura dan emprego a preto de 10.000 traballadores e onde se concentra o 53% da pesca fresca da nosa comunidade”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias