El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

El PSdeG celebrará primarias o 18 de novembro

10-10-2018 20:15:41
Comisión Executiva Nacional Galega.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou ehoxe a aprobación por parte da Comisión Executiva Nacional Galega do calendario de primarias para as eleccións municipais e autonómicas. En concreto, a través deste sistema, poderán elixirse os candidatos ás alcaldías daqueles municipios con máis de 20.000 habitantes e o candidato á Presidencia da Xunta.   

Como detallou o líder dos socialistas galegos ante os xornalistas, en base ás datas fixadas “en contacto continuo” coa dirección federal do PSOE, as votacións terán lugar o domingo 18 de novembro, mentres que a segunda volta –no caso de que ningún dos aspirantes reciba máis da metade dos votos- será sete días máis tarde, o día 25.   

A coincidencia de ambas citas, explicou Gonzalo Caballero, ten por obxecto despexar os procesos orgánicos nun escenario electoral impredicible, a fin de evitar que as primarias autonómicas se solapen con outras citas. “A min gústanme as primarias, e quero que falen os militantes de base”, asegurou.   

Do mesmo xeito, o líder dos socialistas galegos considerou que, un ano despois de acometer a renovación do partido, é o momento de ter “un referente claro” que poida traballar co escenario de propiciar o cambio de ciclo en Galicia. “O partido está preparado para dar o relevo a Feijóo”, sostivo Gonzalo Caballero, quen constatou o “esgotamento” da etapa de Feijóo no propio Debate do Estado da Autonomía. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias