El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Más noticias

CONCELLOS DA CORUÑA

A Xunta investirá máis de 14,2 millóns de euros

10-10-2018 21:19:15

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o concello de Miño para facer balance das axudas que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destinará este ano á comarca da Coruña.

No caso concreto de Miño, visitou as obras previstas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, de de mellora do firme e sinalización da rúa das Marismas nas que a Xunta inviste 32.000 euros.

Con esta actuación preténdese mellorar o firme mediante a aplicación dunha capa de aglomerado en quente. Levase a cabo unha mellora na sinalización viaria e aparcadoiro coa finalidade de resolver un problema histórico no cruzamento de confluencia coa baixada da praia, unha sensible mellora da accesibilidade, seguridade viaria e ordenación do aparcadoiro. Coas obras espérase conseguir unha mellora no viario público que favorece tanto aos veciños de todo o municipio dado que esta rúa é a vía principal e única ao colexio público Castro Baxoi.

En total na comarca, repartiranse 391.668 euros para facer obras en Abegondo, Aranga, Arteixo, Curtis, Irixoa, Miño, Sobrado, Vilasantar, Consorcio As Mariñas, Oza-Cesuras, Paderne e Sobrado.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á posta en marcha do aproveitamento eólico coa creación do canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, no ano 2010, xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Entre as actuacións máis importantes destacan a implantación de pluviais en varios concellos de Oza-Cesuras cun investimento de 84.000 euros, a mellora da traída de augas municipal en Aranga, cunha axuda de 39.000 euros ou o proxecto de mellora da iluminación en varias parroquias de Curtis cun custe de 40.000 euros.

Estas novas actuacións previstas para o 2018 fináncianse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

O delegado territorial tamén se referiu a outras das axudas importantes que reciben os concellos da comarca da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza como os son os Fondos de Cooperación Local para garantir o bo funcionamento dos concellos. No caso da comarca da Coruña percibirá destes fondos 13,8 millóns e no caso concreto de Miño máis de 241.000 euros.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias