El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA | ALCOA

A Deputación da Coruña expresa o seu apoio aos traballadores de Alcoa

17-10-2018 16:31:31

A Coruña. A  Deputación da Coruña expresa o seu apoio aos traballadores de Alcoa na Coruña e demanda a Xunta e Goberno de  Goberno de España “que traballen unidos por defender os postos de traballo”.

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, trasladou hoxe o “apoio absoluto” da Deputación aos traballadores da compañía e demandou que a Xunta de Galicia e os gobernos de Asturias e España “traballen unidos para intentar revertir unha situación moi grave, que afectaría a preto de 700 traballadores nas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés”.

González Formoso anunciou que goberno provincial convocará de forma urxente unha xunta de portavoces para levar ao próximo pleno da Deputación “unha declaración institucional que amose a unión de todos os grupos políticos neste tema”.

Formoso lembrou en España “pagamos a enerxía máis cara de Europa” e que “a pesar de que houbo dez anos para buscar solucións este tema, seguimos arrastrando un grave problema que pode continuar nos vindeiros anos e que terá consecuencias graves sobre o emprego e a economía do país se non buscamos as solucións necesarias”.

Pola súa banda, a vicepresidenta Goretti Sanmartín sinalu que “o noso país non pode permitirse o peche de Alcoa e a perda de case 400 postos de traballo”. Igualmente, sinalou que o peche “pon en evidencia a necesidade de que as empresas galegas de ser Galicia excendentario de enerxía. O lóxico sería que tivesen unha factura reducida, como acontece no País Vasco”,afirmou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias