El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

A Deputación e Fademur reúnen a 500 mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller Rural

18-10-2018 17:58:05

A Coruña. Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller da Rural, a Deputación da Coruña organiza este sábado, 20 de outubro, a partir das 10:30 horas, en ExpoCoruña, unha xornada dedicada a recoñecer o importante papel que as mulleres desenvolven no rural galego. 

“O obxectivo da xornada é axudar a visibilizar o traballo, moitas veces invisible pero incansable, das mulleres que contribuíron a construír a Galicia que hoxe coñecemos”, segundo afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que será o encargado da inauguración do evento xunto  ás presidentas das Federacións estatal e galega da Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur), Rosa Arcos e Teresa López, respectivamente, e do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García. 

O programa inclúe unha entrega de premios a distintas persoas, empresas e entidades que teñen ás mulleres coma protagonistas e que se caracterizan polo seu compromiso co mundo rural e a súa aposta pola cultura, a igualdade, a innovación ou a posta en valor dos produtos autóctonos. Durante a mañá terán lugar tamén diversas actividades coma a presentación do video “Falemos”, sobre o papel das mulleres no ámbito rural, unha mesa redonda sobre “literatura rural en feminino” e a actuación da contacontos, actriz e mestra Velo Rilo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias