El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Feijóo: "Galicia pertence á Europa que cre na estabilidade"

18-10-2018 20:21:53
Embaixadores da Unión Europea en España.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe, durante a recepción dos embaixadores da Unión Europea en España, que “Galicia pertence á Europa que cre na estabilidade, nas políticas rigorosas e nos liderados responsables”; e garantiu que, igual que na crise e na recuperación, neste momento actual de certa incerteza económica, “seguiremos sendo rigorosos”.

Nesta liña, aseverou que Galicia conta para iso cunha estabilidade política que lle permite poder facelo sen grandes sobresaltos, como demostra a aprobación hoxe mesmo do anteproxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019 nos prazos que marca lei e cumprindo os criterios de consolidación fiscal que asumimos en Europa.

Durante a súa intervención, Feijóo incidiu en que Galicia é unha das autonomías máis antigas do continente, máis singulares e con maior personalidade. “E, para conservala e defendela non necesita vulnerar a legalidade constitucional, atacar o seu Estatuto de Autonomía, clausurar o seu Parlamento ou fracturar a súa sociedade”, afirmou, asegurando que os galegos nos sentimos a gusto cunha identidade cultural que se enriquece coa española e a europea.

Así mesmo, aseverou que ningún problema se solucionará mellor que na Unión Europea, referíndose, a modo de exemplo, a retos como o avellentamento da poboación.

O presidente da Xunta subliñou que, ao igual que o Camiño combina etapas levadías con outras máis esixentes, e o individual e o colectivo, Europa debe combinar a súa resposta nos bos e nos malos momentos “e o arraigo das nacións coa capacidade de actuar conxuntamente ante retos que superan o marco estatal”, dixo, facendo fincapé en que a Unión Europea foi e é un éxito que merece ser defendido e ampliado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias