El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

O xardín botánico compostelán, a debate no Ateneo

22-10-2018 10:16:03

Santiago. Dende 1989 lévase falando en Santiago de Compostela da creación dun xardín botánico para a cidade, un espazo verde á beira do río Sarela para o cal o Consorcio, no seu momento,cedera á Universidade catro hectáreas de terreo. O proxecto inicial, que nunca se chegou a materializar, consistía nunha infraestrutura de investigación concibida polo Catedrático da USC Jesús Izco, quen estará hoxe (20:00 horas) nas conferencias dos Luns do Ateneo para poñer de novo sobre a palestra esta iniciativa baixo o título “Os xardíns botánicos ao servizo da sociedade”. 

E é que na actualidade os xardíns botánicos non só cumpren as súas funcións tradicionais de investigación, conservación e educación, se nón que pasaron a ter un valor engadido cara á sociedade, desempeñando cometidos didácticos, científicos e divulgativos, así como de reforzo da cultura popular, motor do turismo e fonte de recursos e coñecemento de cara ao urbanismo e paisaxismo. De todo isto falará hoxe o experto en xardinería, rematando coa tradicional quenda de preguntas por parte do público asistente, quen poderá acceder libre e gratuitamente ata completar o aforo dispoñible.  

Licenciado e Doutor en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid, Jesús Izco foio primeiro profesor numerario da Facultade de Ciencias Biolóxicas e Ambientais do campus de León da Universidade de Oviedo. Posteriormente exerceu como docente na Complutense de Madrid e como Catedrático de Botánica na Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser Vicedecano da Facultade de Farmacia, impulsando o Herbario e o Banco de Germoplasma. Durante 10 anos traballou como asesor científico do Secretario Xeral de I+D da Xunta de Galicia e participou da Comisión de Árbores Singulares. É membro de diferentes sociedades científicas de España, Portugal, Suíza, Alemaña, Italia e Francia, cofundador da Academia de Farmacia de Galicia, da que foi o primeiro presidente, e foi membro da comisión de redacción da Estratexia Nacional para a conservación da biodiversidade e uso sostible do Ministerio de Medio Ambiente. Entre moitos recoñecementos destacan o Premio de Publicacións da Real Academia Galega de Ciencias así como o Investigador adhonorem e a Insignia de Ouro “Alonso de Fonseca” da Universidad de Santiago de Compostela. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias