El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero, proclamado candidato do PSdeG á Xunta

03-11-2018 19:26:48
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, resultou proclamado candidato socialista á Presidencia da Xunta despois de seren verificados os 398 avais presentados (a cifra máxima permitida polo regulamento do partido).   

Trala presentación das firmas, a súa comprobación e o período habilitado para a resolución de eventuais recursos, que non se teñen presentado, o líder dos socialistas galegos queda confirmado xa como cabeza de cartel para as vindeiras eleccións autonómicas.   

Tras concluír o proceso de primarias, Gonzalo Caballero emitiu a través das redes sociais un vídeo para agradecer o apoio depositado nel cando se cumpre “un ano de traballo intenso” dende a súa chegada á Secretaría Xeral.   

“Hoxe o PSdeG está máis forte, máis revitalizado, e en condicións de dar a Galicia o cambio que necesita”, valorou o líder dos socialistas galegos, quen explicou que dá o paso para concorrer ás eleccións porque “non me quero resignar a que a Galicia dos meus fillos sexa unha Galicia sen posibilidades de futuro”.   

Por iso, traballando “con sentimento, ilusión, paixón e sentido da responsabilidade”, Gonzalo Caballero comprometeu que “vou a dar o mellor de min mesmo por ese novo ciclo que quero para o meu país”.


Currículo    

Gonzalo Caballero Míguez (Ponteareas, 1975) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais con Premio Extraordinario ao primeiro da promoción. Doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Doutor en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e foi Visiting Scholar na Washington University en St. Louis, na University of California en Santa Barbara e na University of California in Berkeley, entre outras. 

Ten publicado máis dun centenar de traballos académicos en diversas revistas científicas nacionais e internacionais, e quince obras académicas. A súa última obra editada foi o libro ‘State, Institutions and Democracy’ (Springer, 2017, editado con Norman Schofield). Dende hai un ano é o Secretario Xeral do PSdeG, así como membro do Comité Federal e do Consello de Política Federal do PSOE. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias