Lugo. O Concello de Lugo participará mañá no Coloquio Internacional Ruptura e continuidade do
rueiro da cidade clásica no tránsito do Alto Imperio á Antigüidade Tardía, que terá lugar en Alicante. Neste simposio, organizado polo Museo Arqueológico de Alicante e
que forma parte das actividades científicas do MARQ, participarán especialistas dalgunhas das
máis importantes cidades con pasado romano da península ibérica (Alicante,
Valencia, Cartagena, Barcelona, Tarragona, Zaragoza, Córdoba, Mérida ou Écija).
Lugo aparece como a única
cidade romana do Noroeste e do norte peninsular representada neste coloquio
internacional, polo que a súa presenza, no mesmo, a xuízo do Goberno de Lugo,
revélase como de gran importancia para dar a coñecer a cidade nos ámbitos
científicos. Así mesmo, este encontro de caracter internacional serve para
impulsar a cidade.
Este coloquio servirá de intercambio de ideas e investigación sobre un
tema que, a pesar de estar tratado de forma
puntual noutras reunións, é susceptible de ser profundizado ao ser un fenómeno
que permite visualizar dun modo evidente a transformación do modelo romano
clásico aos propios do final da Antigüidade e donde aspectos como a
privatización, os cambios estructurais e funcionais, así como as modificacións
dentro da rede viaria urbana, merecen un estudio individualizado.
O servizo municipal de arqueoloxía de Lugo será o
encargado de representar a Lugo na cita, ao fin de que poida trasladar e
aportar un reflexo da investigación e o estado da cuestión no relativo a
perduración e transformación do viario romano de Lucus Augusti na etapa tan
convulsa da Antigüidade tardía (séculos IV a VII d.C.). Nesta liña, o
arqueólogo municipal, Enrique González Fernández, presentará unha ponencia
donde se analizarán precisamente estes cambios, que no caso da antiga Lucus
Augusti, se poñen en especial de manifesto coa construción da muralla a finais
do século III d.C. Departamento de comunicación