El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

EU denuncia a desidia da Xunta ante a contaminación por lindano no Porriño

08-11-2018 15:42:35
Esquerda Unida reúnese coa Comisión Europa.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño, xunto a europedutado Javier Couso, estiveron reunidos esta mañá con Humberto Delgado Rosa, representante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, en Bruxelas, coa fin de trasladar a problemática da contaminación por lindano. 

“Hoxe trasladamos a nosa preocupación á Comisión Europea (CE) porque as autoridades competentes non se poñen de acordo en tomar medidas respecto ao problema do lindano”, explica Eva Solla, que sinala que o que traslada Bruxelas é que “existen medios dispoñibles para que as comunidades autónomas planifiquen estratexias de remediación do chan, incluso hai técnicas e proxectos para eliminar o lindano, algúns en experimentación, e polos que a Xunta de Galicia non se interesou”, critica. “Tamén nos informan de que é a Xunta a administración competente a que ten que tomar a decisión e, a partir de aí, pode obter apoio para fondos europeos de planificación e retirada de lindano, tal e como se está a facer en outras comunidades como Aragón”, que padece unha problemática similar. 

Ante esta actitude do goberno galego, Eva Solla fai fincapé en que demandará á Xunta medidas ao respecto “para protexer a saúde das veciñas e veciños do Porriño, e do resto de concellos afectados, que chegan case a Portugal”. Pola súa banda, o concelleiro de EU Son Porriño, Pedro Ocampo, valora de “produtiva” a reunión desta mañá, aínda que tamén lamenta que dende as administracións non se fixera ningunha petición, en aras de solventar isto, a Europa. “Foi por esa desidia que non se puido actuar, pese a poder obter financiación e tecnoloxía novidosa para a remediación do lindano”.    

Por todo isto, dende Esquerda Unida denunciamos unha vez máis a desidia da Xunta, que non ten feita ningunha actuación efectiva para eliminar os residuos de lindano, e instamos a que se implique, apelando ás institucións europeas, para paliar este problema ecolóxico e sanitario, tal e como fixeron outras zonas do Estado como Aragón. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias