El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | O TEMPO

Alerta laranxa por vento, choiva e temporal costeiro

08-11-2018 18:06:53

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro, por vento e por choiva nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta noite esperase mar combinada con ondas que poderán superar os 6 metros e vento en mar de forza 7-8. Afectará ao litoral do oeste e noroeste da provincia da Coruña.

A partir das 9,00 horas de mañá, actívase tamén a alerta laranxa por choiva. Estímase que poden chegar a acumularse 80mm en 12 horas, no oeste e suroeste da provincia da Coruña; no interior e nas Rías Baixas, na provincia de Pontevedra. 

Así mesmo, estas precipitacións virán acompañadas de fortes ventos, e a partir das 12 horas, poderá haber refachos de máis de 100 qm/h no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo.


Suspensión actividades extraescolares

Por mor desta alerta, a Comisión Escolar de Alertas tomou a decisión de suspender mañá, a partir das 12:00 horas do venres día 9 ata as 00:00 horas do día 10, as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica de noroeste da Coruña e a Mariña.

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto. Máis información en Meteogalicia





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias