El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

Educación concede 140 bolsas a universitarios galegos

08-11-2018 19:22:07

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder 140 bolsas a estudantes das tres universidades do SUG (Sistema Universitario Galego) para que no presente curso 2018/19 participen en programas de intercambio con países extracomunitarios (agás o programa Erasmus+) relacionados cos estudos que cursan.

O departamento educativo da Xunta destina un total de 238.000 euros a esta iniciativa, a razón de 1.700 euros por beneficiario. Neste ano incrementouse nun 28,4% o número de bolsas concedidas (ao pasar das 109 do curso pasado ás 140 actuais), así como a achega por alumno (200 euros máis que o anterior ano).

Do total de bolseiros, 71 deles cursan estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 44 na de Vigo (UVigo) e 25 na da Coruña (UDC). No referido aos países, o máis concorrido é México (31 bolseiros), seguido de chile (30), Arxentina (25), EEUU (15), Brasil (13), Perú (6), China (3), Suíza (3), Corea do Sur (3), Australia (2), Bolivia (2), Colombia (2) , Ecuador (2), Xapón (2) e Paraguai (1).


Enriquecemento formativo

O obxecto destas axudas que hoxe publica o DOG é promover o intercambio internacional entre estudantes, o que favorece a súa integración multicultural, e mellora os seus coñecementos profesionais e lingüísticos ao tempo que enriquece a súa cualificación e opcións cara unha futura incorporación ao mundo laboral.

Desde que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2011/12, beneficiáronse deste programa un total de 912 universitarios, cun desembolso económico por parte da Administración que ascende a 1.198.000 euros. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias