El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo, en Compostela

12-11-2018 10:10:30

Santiago. Hoxe, o Ateneo de Santiago nos seus actos dos Luns do Ateneo acollerá unha conferencia sobre Camilo e Isaac Díaz. Baixo o mesmo título que a exposición inaugurada o pasado 9 de outubro, “Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela”, o seu Comisario Xosé Ramón Fandiño repasará a actividade vital e artística dos 16 anos que pai e fillo viviron en Santiago (1920-1936) así como a actividade artística, industrial e cultural de Isaac Díaz Pardo dende que se viu obrigado a abandonar a súa cidade natal e o seu posterior regreso en 1978. O acto, que se desenvolverá como sempre ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, é de acceso libre e gratuíto ata completar o aforo dispoñible e rematará cunha quenda de preguntas por parte do público asistente.

Este relatorio ven a complementar a mostra gráfica e documental exposta no Colexio de Fonseca e que se pode visitar ata o 30 de novembro en horario de luns a sábado de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.30h, así como o catálogo editado para a ocasión, con textos de Xosé Ramón Pousa, Manuel Rivas, Xosé Ramón Fandiño e Gloria López ademais dunha lección maxistral de Díaz Pardo e entrevistas e artigos de Díaz Baliño. Os actos de homenaxe completaranse cunha serie de visitas guiadas á exposición realizadas polo propio Xosé Ramón Fandiño que comezarán o sábado día 17, tendo que anotarse previamente en ateneo@ateneodesantiago.com antes do xoves 15.

Xosé Ramón Fandiño Veiga é Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor e director da Gran Enciclopedia Gallega, así como dos primeiros tomos de Xeografía de Galicia. Colaborou con Isaac Díaz Pardo no deseño da política cultural do grupo Sargadelos e foi colaborador, tradutor e asesor científico de importantes eventos culturais. Tamén foi guionista de varias series para TVE e TVG e como ensaísta destacan os seus estudos sobre literatura galega do século XIX, a visión de Santiago dos grandes escritores universais ou sobre Castelao e a súa obra. Posúe unha ampla traxectoria como tradutor ao galego e colaborou en diversos medios de comunicación. Desta etapa é de subliñar o “Premio de Xornalismo V Centenario” co que a Universidade de Santiago distinguiu ao programa “Galicia Universitaria”, que dirixiu e presentou. É membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, do Pedrón de Ouro e da Asociación de Tradutores en Lingua Galega e colaborador do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, englobado no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias