El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | BNG

Pontón, a Valerio: "Falaría de comunismo a ministra se en lugar de Alcoa na Coruña estivesen en xogo 400 empregos en Cádiz?"

12-11-2018 13:22:35
Ana Pontón, portavoz nacional.

A portavoz nacional, Ana Pontón, pide unha explicación á ministra de Traballo, Magdalena Valeria, despois de que esta desbotase a posibilidade de rescatar para o público á factoría de ALCOA na Coruña, tal como propón o BNG, se a multinacional se nega a retirar o ERE de extinción. Por que o Goberno de Sánchez considera “solidario” rescatar á banca, pero tilda de “comunista” rescatar a centos de familias ameazadas de despido, pregúntase a dirixente do Bloque. 

“Cal é o criterio do Goberno de Pedro Sánchez, supostamente de esquerdas,  para despacharse dicindo que rescatar á banca con 60.000 millóns de euros públicos é solidariedade, e rescatar Alcoa para garantir o futuro de centos de familias na Coruña é comunismo”, interpela Pontón. 

“Por que se pode rescatar a banca con 60.000 millóns de euros, porque se pode rescatar as  radiais madrileñas con máis de 3.500 millóns de euros e non se pode rescatar Alcoa para garantir o emprego de centos de traballadoras e traballadoras na Coruña?”, se preguntaba, tendo en conta ademais que a actual Alcoa é o resultado da privatización dunha empresa pública. 

A líder do Bloque tamén fixo unha pregunta directa á titular de Traballo. “Que estaría dicindo a señora Valerio se en lugar de Alcoa na Coruña estivesen en xogo 400 postos de traballo nunha empresa en Cádiz. Tamén falaría de comunismo?”. 

Pontón denunciou o que considera un novo exemplo de discriminación das forzas estatais con Galiza. “Basta xa de que PP antes e PSOE agora discriminen a Galiza”, sexa Alcoa, sexan as peaxes da AP9, sexa a tarifa eléctrica, ao tempo que insistiu na urxencia de conseguir levantar o ERE de extinción e, se a multinacional persiste, “rescatar para o público de Alcoa a través da SEPI. E posible facelo, e hai que facelo para garantir a continuidade da produción e do emprego”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias