El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "O nivel de corrupción do PP só é superado polo seu cinismo político"

14-11-2018 14:27:42
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que “o nivel de corrupción do PP só é superado polo seu cinismo político”, que se evidencia en declaracións como as do presidente da Xunta que “non son aceptables”.  

“Que o PP intente dar leccións en materia de loita contra a corrupción non resulta crible”, remarcou o líder dos socialistas en rolda de prensa, consciente dos “problemas de corrupción que inundan” á dereita.   

Aludiu así á sentenza da Gürtel, que reflexa un sistema de “corrupción institucionalizada”, ou as propias palabras de Pablo Crespo en sede parlamentaria sobre “a utilización de sobresoldos de forma continua” ou o pago con diñeiro negro para “o 65% das campañas” en Galicia.   

Sobre estes “mecanismos de financiamento non legales” instou Gonzalo Caballero a Feijóo a dar “explicacións” á cidadanía e a “poñerse ante o espello” antes de sinalar a outras formacións.   


“Fragatazo"

Nesa liña de requirir explicacións, o secretario xeral do PSdeG urxiu ao presidente da Xunta a aclarar “por que os intereses privados dunha empresa se puxeron por riba dos intereses da bisbarra de Ferrol” ao deixar en suspenso o encargo das fragatas do asteleiro público.  

“Que lle pregunte a Rajoy, a Cospedal e a Morenés”, incidiu Gonzalo Caballero, “por que cando o PP gobernaba España se poñían os intereses privados dunha empresa de armamento que tivo ao exministro como alto dirixente” por riba dos xerais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias