El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | CRTVG

EU apoia a folga do persoal da CRTVG

14-11-2018 18:00:40

Esquerda Unida apoia a folga do persoal da CRTVG que reivindica a dignidade dos medios públicos de comunicación de Galicia, un parón de nove xornadas que terá lugar entre o martes 20 de novembro e o sábado 22 de decembro. Dende Esquerda Unida queremos apoiar ao persoal que xa leva 25 semanas mobilizándose nos coñecidos como “venres negros”, para reclamar a fin da manipulación e do control informativo na CRTVG, a creación dun Consello de Informativos e Estatuto Profesional, o cumprimento da Lei de Medios Públicos ou a recuperación da produción propia interna, entre outras demandas. 

Dende Esquerda Unida volvemos reivindicar a necesidade de contar cuns medios públicos de calidade, que garantan o dereito a termos unha información veraz. Ademais rexeitamos totalmente a instrumentalización que se da coas traballadoras e os traballadores de medios públicos, usadas como ferramentas para intervir no mundo político, co impedimento que convela que non fagan o seu traballo tal e como xulgan, como profesionais da comunicación que son.   

Por todo isto, dende Esquerda Unida trasladamos todo o noso apoio ás traballadoras e traballadores da CRTVG na loita que están a dar en prol da recuperación deste medio público e contra o seu desmantelamento. Ademais dos paros parciais, o mércores 19 de decembro haberá unha manifestación á que chamamos a participar. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias