El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A escritora Dolores Torrano gaña a XXX edición do Premio Torrente Ballester

28-11-2018 15:08:26

A Coruña. A novela "La Argentina que Dios quiere", da escritora Dolores Torrano, é a gañadora do XXX edición do Premio Torrente Ballester en español da Deputación da Coruña. 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que o Torrente Ballester, dotado con 25.000 euros e a publicación da obra gañadora, é “un dos premios máis veteranos e prestixiosos da literatura española” e felicitou á gañadora, natural de Murcia pero residente en Laxe dende 2003, por unha obra “excepcional” que o xurado considerou “un soplo de aire fresco” no panorama narrativo actual. 

Pola súa banda, a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, sinalou que "a sorpresa do xurado ao descubrir que a autora non era arxentina afonda na afirmación da capacidade literaria de Dolores Torrano. Trátase, sen dúbida, dunha excelente novela que gaña nunha convocatoria especial á que se presentaron case catrocentas obras". 

O xurado composto polos escritores Manuel Jabois, Luis Sepúlveda e Isaac Rosa as e as escritoras Fátima Martín e Ana Lema -gañadoras da edición anterior do premio- optaron pola novela da escritora Dolores Torrano entre as 23 finalistas das 396 presentadas. A escritora, de orixe murciana, mais residente en Laxe e profesora no instituto de Baio, gaña o premio coa súa primeira novela e sorprendendo as persoas que forman parte do xurado que crían que a persoa que escribira a obra tiña que ter orixe arxentina polo coñecemento da realidade do país americano. 


A novela narra a conexión España-Arxentina

O xurado definiu a novela como "brillante, de grande ambición literaria e extraordinaria orixinalidade e, á vez, embebida na tradición recente da literatura latinoamericana". Segundo o xurado, a obra "recorda o estilo cortazariano. Áxil e de grandes personaxes e supón unha excepcional conexión España-Arxentina, ambientando maxistralmente a realidade de ambos os países". 

A novela narra "a historia dunha viaxe que parte do interior profundo das personaxes até o interior profundo da Arxentina, construíndo un retrato da Arxentina do século XXI que fai eco na España dos anos da crise". En canto á técnica literaria, o xurado estimou que a obra "mostra un gran manexo dos diálogos e do rexistro coloquial arxentino, e á vez mostra conflitos personais que son universais". 

A autora, Dolores Torrano Vicente (alias Rontano) naceu en 1977 en Murcia, reside en Laxe e é profesora de francés no instituto Maximino Romero de Lema de Baio (Zas). 

A novela gañadora do Torrente Ballester é o seu primeiro libro aínda que a autora colaborou con artigos, recensións, poemas e traducións en fanzines, blogs e revistas dixitais como Vulva Estelar, El coloquio de los perros, Mujeres Reseñando e Pikara Magazine, sempre baixo o seudónimo de Lola Schutz. 

Participou tamén na "Antología de poesía erótica" do Instituto Iberoamericano de Estudios Atlánticos e gañou o premio de narrativa Camilo José Cela, do Concello de Padrón, polo relato "Las ubres de la noche" e está traballando na compilación dunhas traducións do cantante francés Dominique A. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias