El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIV ERSIDADE

A Xunta apoia a participación da USC e da UVigo nos consorcios europeos de investigación

29-11-2018 16:47:46

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello, a autorización de dous convenios de colaboración entre a Xunta e as universidades de Vigo e Santiago de Compostela para facilitar a súa participación por primeira vez en dous Consorcios Europeos para as Infraestruturas de Investigación por un valor aproximado de 560.000 euros, dos que a Xunta achegará a metade.

En concreto, detallou que a Universidade de Vigo participará no consorcio europeo Embrc centrado na bioloxía e economía mariña co proxecto da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, única a nivel mundial para investigar en acuicultura sobre os efectos do cambio climático. Mentres que, a Universidade de Santiago de Compostela, dixo, participará no consorcio Openscreen a través da plataforma Innopharma, liderada polos doutores Ángel Carracedo e Mabel Loza, para o descubrimento temperá de fármacos.

A este respecto, o titular do Goberno galego sinalou que estes consorcios teñen un triplo obxectivo: axudar aos grupos de investigación europeos a incrementar a captación de recursos mediante a prestación conxunta de servizos, aumentar a captación de fondos europeos e favorecer o acceso a novos mercados competitivos.

Feijóo lembrou ademais que este novo paso de cara á excelencia da investigación científica galega, súmase á resolución hai dúas semanas da quinta edición do Programa de Unidades Mixtas de Investigación (UMI). 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias