El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Yolanda Vázquez recibe o Premio Condado de Pallares

30-11-2018 16:40:01

Lugo. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, entregou hoxe xunto con outras autoridades, o XII Premio de Investigación Condado de Pallares, que recaeu na investigadora e mestraYolanda Vázquez. O acto que se celebrou na casa da Cultura de Guntín conta co apoio da Deputación.   

Vidal Baamonde avanzou que “este traballo ten un gran valor, xa que os caneiros son parte do noso patrimonio, tanto material como inmaterial, pois reflicten un xeito de vida ligado ao Río Miño, eixo vertebrador da provincia. Esperamos que grazas a esta investigación se poñan en valor esta sinal de identidade tan característica da Reserva da Biosfera das Terras do Miño. É necesario conservar e recuperar os Caneiros, tecendo un camiño de puntos de interese patrimonial e etnográfica ao longo do río que poidan supor o desenvolvemento cultural e turístico”.   

O Deputado lembrou outras iniciativas do Goberno da Deputación para o mantemento da cultura tradicional“por exemplo acabamos de presentar o proxecto sobre o Pito Pastoril Galego, que realiza o investigador Efraím Díaz, co fin de revalorizar este instrumento tradicional; ou o traballo de José M. Salgado no que homenaxea aos oficios tradicionais, a través do libro “A Idade do Ferro”.


3.000 en premios e a publicación da obra

Este certame está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra, e premia traballos de divulgación sobre historia, lingüística, arqueoloxía, antropoloxía, etnografía e folclore no ámbito territorial das localidades que integraban o Condado de Pallares. Nesta edición o xurado estaba composto por Carlos Baloñas Pérez, Gonzalo Francisco Fernández Suáreze Fernando Arribas Arias; tres profesionais do sector cunhatraxectoria ampla e recoñecida. A decisión de premiar esta obra foi unánime, ao considerar que o traballo aborda un tema que non fora tratado en anteriores edicións, e conta cun profundo interese, xa que existe constancia dos caneiros dende e Idade Media. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias