El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

GALICIA | O LUNS

Abre a campaña extractiva da centola e do boi na provincia de Lugo

02-12-2018 12:40:23

A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi na provincia de Lugo. Na área que vai dende o cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña) ata o río Eo –incluíndo a ría do Barqueiro-, a frota con porto base nesta zona e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.

A campaña destes crustáceos na provincia lucense prolongarase ata o inicio da veda do ano 2019, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.

A extracción nas provincias de A Coruña (dende cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares) e Pontevedra (de cabo Corrubedo á Guarda) comezou xa o pasado 12 de novembro e estenderase tamén ata a data que fixe o Plan de Xestión do próximo ano.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias