Lugo | O Arde
Lvcvs vén de gañar o premio Del
viajar 2018, que concede a páxina web gastronómica e turística La Alacena Roja con motivo do seu quinto
aniversario. A súa elección fíxose a través dunha votación pública online, a
partir dunha candidatura proposta polo equipo de
edición da revista, en función da traxectoria e méritos de cada unha das
propostas.
Xunto co Arde
Lvcvs, competían na categoría de viaxes o aloxamento A Torre do
Río, o Castelo de Soutomaior e o Programa Español de Vías Verdes.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,
Carmen Basadre, foi a encargada de recoller a distinción nun acto organizado na
Quinta da Auga, en Santiago de Compostela. No seu transcurso, agradeceu a
proposta ao equipo da web organizadora así como a todas as votacións que
fixeron que esta festa de recreación histórica atesoure unha distinción máis.
Tamén tivo palabras para todas e cada unha das 26 asociacións de Lugo que fan que
estes festexos medren ano tras ano. Departamento de comunicación