El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

BNG | ELECCIÓNS EUROPEAS

As bases do BNG aproban concorrer ás europeas con Bildu e ER

13-12-2018 13:12:38

A militancia do BNG apoiou por unha ampla maioría superior ao 90% a proposta de concorrer ás eleccións europeas do 26 de maio de 2019 nunha candidatura conxunta con EH-Bildu e con ER. Tras un proceso de debate e votación en asembleas locais por todo o país, as bases do Bloque deron luz verde á proposta da Executiva Nacional de coalición electoral con forzas soberanistas das tres nacións sen estado: Galiza, Euskadi e Catalunya.

Tras a decisión da militancia, este sábado o Consello Nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, asumirá e ratificará a opinión manifestada polas bases.

Como explicaba a dirección do BNG na proposta de resolución remitida á militancia, trátase dunha coalición de carácter instrumental, polo que o Bloque desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico e con candidatos propios en función exclusiva dos intereses de Galiza.

Ademais, recolle as bases políticas que fundamentan a candidatura impulsada polo BNG: Defensa de Galiza como nación, do dereito de pobo galego a decidir libremente o seu futuro e da súa soberanía política, defensa dos intereses do país, da súa capacidade produtiva, de xeración de riqueza e emprego digno na terra.

Igualmente, combate do modelo ultraliberal da Unión Europea e defensa dos principios democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, dos dereitos humanos e dereitos fundamentais, da igualdade, da xustiza e da cooperación entre os pobos en pé de igualdade.

A dirección do Bloque destaca que, tendo en conta a circunscrición electoral estatal, está candidatura conxunta representa unha garantía real de defensa do pobo galego na Eurocámara sen condicionamentos alleos. Ademais, a alianza con forzas políticas vascas e catalás é unha aposta estratéxica para o nacionalismo galego desde hai case un século, que vai moito máis aló da conxuntura electoral e, partindo dunha boa valoración dos resultados e do funcionamento da coalición Os pobos deciden dos comicios europeos de 2014, o BNG aposta agora por impulsar unha alianza máis ampla, das tres nacións. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias