A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou a
importancia de abrir unha vía de diálogo coa Comisión Europea tras a xuntanza
mantida polo secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG),
Paulo Carril, e representantes sindicais das plantas de Alcoa da Coruña e San
Cibrán, co Comisario de Enerxía e Acción para o Cambio Climático, Miguel Arias
Cañete.
“Queremos
poñer en valor este feito porque o escano do BNG está servindo para traer
problemas do país como o Alvia ou o saneamento das rías, pero tamén un tema que
está afectando a tantos postos de emprego como é o das plantas de Alcoa”,
explicou Miranda sobre os diferentes encontros xestionados desde o escano do
BNG.
A
eurodeputada nacionalista destacou que o encontro celebrado hoxe ten o
obxectivo de que “serva para abrir unha vía de diálogo e poñer o noso escano ao
servizo dos traballadores de Alcoa”, xa que no seu transcurso os representantes
sindicais puideron expor ao Comisario a proposta da CIG sobre a tarifa
eléctrica para a industria electrointensiva, é dicir, para aquelas industrias
que dependen en gran medida da electricidade para o seu proceso produtivo.
Pola
súa banda, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, cualificou de positiva a
reunión co Comisario, a quen solicitou a posta en marcha dunha tarifa eléctrica
"estable e predecible e cunha regulación xusta" para industrias que
dependen en gran medida da electricidade para o seu proceso produtivo a raíz da
situación de Alcoa.
Continuidade das
mobilizacións
“Fixemos
un plantexamento ante a necesidade de tomar medidas polo goberno español, pola
Xunta de Galiza e pola Unión Europea, de cara a dar futuro aos traballadores da
industria electrointensiva”, explicou Carril, non só en referencia a dramática
situación das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, senón tamén do “nefasto
resultado” da subasta da semana pasada, que está provocando un regueiro de
medidas contra o emprego.
Segundo
manifestou o secretario xeral da CIG ”entendemos que a Unión Europea debe dar
unha resposta ante a inoperancia do goberno español”. Considerou asemade como
“escandaloso e insólito" que foran recibidos antes polo Comisario europeo que
por representantes dos ministerios españois de Transición Enerxética e
Industria, así como da administración galega, con negativas sistemáticas á hora
de poñer enriba da mesa alternativasque eviten o peche de Alcoa.
Paulo
Carril instou a que a Unión Europea "adopte todas as medidas, posibles e
imposibles" que eviten o peche de Alcoa mentres se adopta un marco
regulador "xusto" paraa enerxía e o conxunto electrointensivo.
Sinalou que acordaron seguir mantendo o contacto ao tempo que o Comisario se
comprometeu a dar resposta a algunhas das cuestións planteadas hoxe.
“Entendemos
que Alcoa está utilizando aos traballadores como reféns e esperemos que cese
nesa posición e recapacite para que dea tempo a que se poidan traducir en
cambos lexislativos para elaborar esa tarifa industrial”, manifestou, ao tempo
que sinalou que“non se pode xustificar que Alcoa tome unha decisións cunhas
consecuencias tan brutais para os traballadores”.
Pola
súa banda, o delegado da CIG na planta coruñesa de Alcoa, Julio Moskowich, asegurou
a continuidade das mobilizacións, como a que terá lugar este mércores cunha marcha
de traballadores procedente de Ribadeo e outra desde Castropol, cun encontro da
ponte vella de Vegadeo. “Non imos parar de petar en todas as portas que sexan
necesarias para buscar unha solución”, concluíu. Departamento de comunicación