El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Sociedad

GALICIA

Cultura e Turismo ultima un novo produto turístico que porá en valor o potencial dos cascos históricos

08-01-2019 16:43:04
Representantes de diversos concellos de Galicia.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe con representantes de diversos concellos de Galicia para avanzar o contido dun novo produto turístico que porá en valor o potencial dos cascos históricos de Galicia.

A xuntanza, celebrada en Santiago de Compostela, permitiu expoñer as liñas programáticas desta iniciativa, que será presentada na próxima edición da Feria Internacional de Turismo (Fitur) e que afonda na aposta do Goberno autonómico por un turismo responsable, baseado nas persoas e que amplía e diversifica os circuítos dos viaxeiros en toda a Comunidade a través do turismo cultural, do turismo de compras e da gastronomía e a artesanía local.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias