El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

GALICIA | VIVENDA

A xunta destina 52,7 millóns para a rehabilitación, adquisición e alugamento de vivendas

08-01-2019 22:26:30

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), destinará este ano un total de 52,7 millóns de euros a distintas convocatorias de axudas dirixidas a facilitar o acceso á vivenda e a rehabilitación de inmobles en Galicia. Entre xaneiro e febreiro publicaranse no Diario Oficial de Galicia seis liñas de axudas diferentes, que se completarán con outras dez convocatorias previstas ao longo do primeiro semestre de 2019.

A través destes 16 programas de subvencións prevese a concesión de arredor de 9.500 axudas que beneficiarán a máis de 6.000 familias galegas en 2019 e tamén nos exercicios seguintes, xa que algunhas das axudas manteranse durante varios anos.


Rehabilitación

Concretamente, as axudas destinadas a actuacións de rehabilitación terán reservado un montante total de 26,9 millóns de euros, ademais das actuacións que executará de forma directa o IGVS na adquisición e rehabilitación de vivendas a través do programa Rexurbe e as actuacións en vivendas de promoción pública da súa propiedade. 

Cómpre salientar que, como novidade, se modifica o importe máximo das axudas correspondentes ao programa Rehaluga, que pasa de 4.000 a 8.000 euros por vivenda. Estas axudas van dirixidas a sufragar os gastos de adecuación de inmobles incluídos no Programa de Vivendas Baleiras.

Posteriormente, realizaranse as convocatorias destinadas á rehabilitación de vivendas e edificios en materia de eficiencia enerxética, conservación, mellora da seguridade e accesibilidade, dirixidas a propietarios e comunidades, así como as axudas das áreas de rehabilitación integral (ARI), o Fondo de Cooperación cos concellos e as axudas destinadas ás comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública. 


Acceso á vivenda

As axudas para acceso a vivenda van destinadas a facilitar o pago da mesma en réxime de alugueiro por parte das familias con menos ingresos; apoiar o acceso dos máis novos a unha vivenda en propiedade; e fomentar a promoción de vivendas para alugueiro e as destinadas a persoas maiores. En total, destinaranse a este tipo de axudas 25,8 millóns.

Así, en xaneiro publicaranse as axudas do Bono de Alugueiro Social e tamén as de adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes, por un importe global de preto de 4,7 millóns de euros. 

No que respecta ao Bono de Alugueiro Social, a convocatoria de 2019 inclúe como principais novidades:Increméntase o importe mensual do bono en 25 euros respecto á anterior, pasando a 225, 200 ou 175 euros ao mes segundo a zona xeográfica.

,. Increméntase tamén o prezo máximo das vivendas alugadas en 50 euros, pasando a 450, 400 e 350 euros ao mes, en función da zona na que se atopen.

.- Inclúense as prórrogas extraordinarias, de maneira que a duración máxima pasa de tres a seis anos.

.- Inclúese un novo colectivo entre os beneficiarios do bono: residentes en vivendas de Sareb e entidades financeiras en virtude dos convenios asinados co IGVS.

Posteriormente, publicarase a convocatoria de axudas para o pago do alugueiro de vivendas destinadas a particulares; as de fomento de vivendas para alugueiro; e unha terceira de vivendas para persoas maiores e discapacitados, destinadas a promotores públicos e privados. 

Por último, cómpre lembrar que ao importe de todos estes programas de axudas dirixidos a particulares, comunidades de propietarios, concellos e promotores públicos e privados, sumaranse tamén as actuacións directas que realizará en 2019 o Instituto Galego da Vivenda a Solo, tanto en materia de rehabilitación (a través do programa Rexurbe, de proxectos de rehabilitación de vivendas da súa propiedade adxudicadas en réxime de alugueiro, ou achegas ao Consorcio do Casco Vello de Vigo) como de acceso a vivenda (pola vía da construción de novas vivendas de promoción pública).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias