El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

O programa "Iacobus" chegará este ano a 159 beneficiarios na Eurorrexión

12-01-2019 11:39:55

O programa Iacobus, de mobilidade académica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, chegará este ano a un total de 159 beneficiarios: 79 docentes, 22 persoal de administración e servizos, 53 investigadores doutorais e post-doutorais e 5 técnicos de I+D+i e xestores de innovación.

Das 159 candidaturas seleccionadas, 58 proceden do norte de Portugal e 101 de Galicia. En concreto, seleccionáronse 23 proxectos da Universidade da Coruña; 33 da Universidade de Santiago de Compostela; 41 da Universidade de Vigo; e un do Energylab, un do CETMAR, e outro do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).


Portugal

En Portugal, aprobáronse 12 proxectos da Universidade de Porto; 11 da Universidade do Minho; 7 da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; 3 da Universidade Católica; 14 do Instituto Politécnico (IP) do Porto; 6 do IP de Viana do Castelo; 2 do IP de Bragança; dous do IP do Cávado e do Ave; e un do Instituto de Soldadura e Qualidade (ISQ).

As áreas de traballo dos beneficiarios son moi variadas, destacando especialmente as ciencias da saúde, humanidades, enxeñarías, ciencias económicas e empresariais, ciencias sociais, tecnoloxías da información e comunicación, ciencias ambientais, recursos naturais e o dereito. O período de intercambio vai do 1 de febreiro ao 30 de xuño.

Trátase da sexta convocatoria do Iacobus, que leva varias edicións acadando importantes éxitos no mundo universitario. Este ano ampliouse incorporando aos Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión. O obxectivo é fomentar a cooperación e promover o desenvolvemento conxunto de proxectos de investigación e innovación que participan no programa. O financiamento para este ano ascende a 185.000 euros, cofinanciados polo programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.


Iacobus papers

Outra novidade deste ano é a convocatoria da primeira edición do programa Iacobus Papers, ao abeiro do que se aprobaron 34 publicacións. O obxectivo desta iniciativa é fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica a través de axudas económicas para a publicación de artigos científicos e de investigación en revistas de prestixio.

Cómpre destacar que algunhas das publicacións de artigos científicos e de investigación aprobadas resultaron do traballo desenvolvido polos autores en edicións anteriores da parte de estadías do Iacobus.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias