El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

POLÍTICA | PPdeG

Feijóo propón para as cidades gobernos que funcionan como o de Galicia

12-01-2019 16:36:49
Presentación dos sete candidatos.

Na presentación dos sete candidatos, o presidente do PPdeG, Núñez Feijóo, propuxo para as cidades galegas gobernos que funcionan como o de Galicia, en lugar de fracasos como o de España: “Con estas cabezas de cartel, non hai ningunha dúbida de que o modelo que funcionou en Galicia tamén funcionará nas sete cidades e o fracaso do Goberno de España tamén fracasará”.   

O líder dos populares subliñou que o PPdeG é garantía de ofrecer o que os cidadáns merecen: solucións, alcaldes coñecidos e recoñecibles, con experiencia e proxectos; políticos fiables e predicibles; e administracións que dan certezas: “o noso partido leva dez anos demostrando en Galicia que se poden facer as cousas ben, que se pode e se debe gobernar sen ocorrencias nin sobresaltos, e que as administracións deben mirar por todos os cidadáns”.                                                             

Tal e como apuntou, de non ter acadado o PPdeG a maioría absoluta en 2016, hoxe Galicia tería un Goberno como o de España: un goberno que xera inestabilidade, incerteza e é irresponsable. Feijóo incidiu en que,mentres o executivo central comeza agora a presentación dos orzamentos, un anteproxecto do que non se fía ninguén en Europa e que está pensado en pagar as facturas a Podemos, a nacionalistas e a independentistas; en Galicia, as contas xa están en vigor, son fiables e só están centradas nos galegos. “Para os veciños e para as cidades é mellor ter gobernos parecidos aos de Galicia que ao de España”, indicou.     


España e Galicia, desde os concellos

Tras destacar que o PPdeG é un apoio único en España, xa que Galicia é na única comunidade autónoma na que conta con maioría absoluta, Feijóo salientou que a grandeza da formación radica na súa presenza en cada un dos recunchos: “Non falamos dunha Galicia irreal que só está no obxectivo dunha ideoloxía, tratamos a Galicia que está na vida cotiá dos galegos. E non tocamos de oído, falamos de Galicia e de cada un dos concellos cos pés na terra”.   

Fronte aos que queren inventar o que pasa en Galicia, co afán de acadar maior número de votos fóra, Feijóo fixo fincapé en que o PPdeG propón realidade, coñecemento e a experiencia do que pasa en cada concello; fronte aos que non teñen propostas para as cidades, o PPdeG ten programas específicos para cada unha delas; e fronte os que piden o voto para proxectos nacionalistas e independentistas en Galicia, o PPdeG presenta proxecto de cidade. “É un partido de goberno: con experiencia de goberno, con propostas para gobernar e con gobernos que gobernan”, indicou.   

Apuntou que, de cara as próximas eleccións de maio, haberá partidos que queiran que os galegos escollan entre a súa cidade e Galicia ou entre Galicia e España. Fronte a isto, os populares propoñen “a nosa cidade, Galicia e España”. “Os galegos –engadiu- nunca quixemos escoller entre Galicia e España, e quen pretende que así o fagamos sempre se levou a mesma responta: non escollelos a eles, porque somos galegos e españois”. Neste senso,dixo que se fai España desde cada comunidade autónoma e “desde Galicia tamén facemos a España que somos e a España na que cremos”.     


Os candidatos das sete cidades

Salientou que a formación política ten “un proxecto, un equipo e un candidato para cada concello e para cada cidade”.Neste senso, amosou a súa confianza en Elena Muñoz, xa que Vigo merece ser xestionada con humildade e que poida aspirar a metas moito máis ambiciosas; avogou por Beatriz Mato para que A Coruña saia da parálise e da decepción política e avance de xeito imparable; e destacou a figura de Jesús Vázquez para que Ourense siga crecendo en proxectos e para que supere o maior dos seus obstáculos: a oposición.   

Dixo que Lugo non pode permitirse catro anos máis da nada, polo que ten que poñerse en marcha con quen escoita e dialoga cos seus veciños, que é Ramón Carballo. Incidiu en que presentan a AgustínHernández porque Santiago ten que ser o máis importante para o seu alcalde e non dedicarse a outras cousas que o distraen das prioridades e paralizan a cidade. Confía en Rafael Domínguez para que Pontevedra saia da inercia, recupere o impulso e se afaste de proxectos narcisistas e nacionalistas. Edixo que, con José Manuel Rey, Ferrol recuperará un goberno que goberna, con xestores que xestionan.   

O líder dos populares galegos tamén tivo palabras para os grupos da oposición. Así, dixo que o PSdeG “vive nos mundos de Tezanos”, que cre que Pedro Sánchez é un estadista e que pensa que van arrasar en maio; recordou que o BNG irá as eleccións pedindo o voto para Bildu e para ERC; e que nas Mareas de Podemos se suceden os capítulos dunha comedia tráxica mentres paralizan as cidades onde gobernan. E é que tal e como dixo, dan leccións de transparencia, cando son opacos; de democracia, cando se acusan entre eles de fraude; e seguirán falando en nome da maioría dos galegos cando son minoría. Departamento de comunicación        





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias