El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

O Mercado de Nadal da Deputación pechou cun volume de vendas superior aos 25.000 euros

13-01-2019 12:13:22
O Mercado de Nadal 2018.

O Mercado de Nadal 2018 da Deputación acadou un volume de negocio estimado en preto de 25.000 euros, coa venda de produtos artesáns durante a festividade de Nadal.Así o informou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, que explicou que “o bo tempo e a calidade dos produtos que se puxeron en venda, propiciou que os artesáns e artesás incrementasen o seu volume de negocio con respecto a edicións anteriores. Cumprimos deste xeito coa finalidade última deste mercado, promover o traballo dos pequenos artesanal e contribuír a poñer en valor os produtos con selo artesán na provincia”.   

Para o 72% dos artesáns e artesás que participaron na mostra, as vendas superaron as expectativas dos vendedores, que foron mesmo superiores ao previsto, e  incluso mellor que en edicións anteriores, dado que o bo tempo, permitiu que un público numeroso se achegara ata a Praza de San Marcos na procura dalgunha peza para regalar. A variedade nas disciplinas artesanais permitiu aos lucenses escoller entre unha grande oferta de produtos feitos con distintos materiais. Cada comprador investiu de media entre 5 e 50 euros.   

García Porto lembrou “o compromiso do Executivo provincial na formación, comercialización, promoción e difusión da artesanía lucense.Esta iniciativa de impulso ás pequenas e medianas empresas e autónomos do sector artesanal da provincia posta en marcha pola Deputación repítese con éxito ano tras ano. A mostra favoreceu o contacto directo entre os artesáns e os clientes, conseguindo que a promoción da artesanía lucense fose maior, converténdose nun mecanismo áxil de comercialización dos produtos feitos a man.   

“Estes produtos son únicos, precisan de puntos de venta concretos en contacto directo co público, para que este que teña a oportunidade de apreciar o traballo nunha peza feita a man”.   

A Deputada de Cultura resaltou “a importancia deste mercado, que favorece o desenvolvemento económico da cidade e da provincia. Desde a Deputación, reforzamos a nosa aposta por potenciar a tódolos niveis un sector artesanal que, ao igual que a economía vencellada aos produtos autóctonos, supón unha oportunidade económica de primeiro nivel para a provincia que non se pode desaproveitar”   

A variedade nas disciplinas artesanais permitiu ao público lucense escoller entre unha grande oferta de produtos feitos con distintos materiais. Trátase de produtos personalizados que o público non pode atopar nas grandes superficies. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias