El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DIRIXIDO AOS CONCELLOS

Sogama convoca un curso de formación online sobre educación

15-01-2019 14:25:38

Baixo o título “A educación ambiental, unha aposta de futuro”, Sogama convocou un curso de formación online, que impartirá de forma totalmente gratuíta a través da súa plataforma pedagóxica www.cadernoverde.gal, e que dirixirá aos concellos adheridos ao seu sistema de xestión.  

O obxectivo é que técnicos, auxiliares e representantes políticos dos distintos municipios dispoñan das nocións básicas que lles permitan levar a cabo iniciativas de educación ambiental orientadas a abandonar o xa caduco e obsoleto modelo de economía lineal e transitar cara a un circular no que cobre protagonismo o máximo aproveitamento dos produtos, a redución de residuos e a conversión destes en recursos. O curso, dimensionado para 30 horas lectivas, dará comezo o próximo 28 de xaneiro e concluirá o 1 de marzo. A Sociedade oferta 50 prazas, que se cubrirán por estrita orde de inscrición.


Programa

Un total de dez temas conformarán o programa a impartir por dous técnicos ao servizo de Sogama, que exercerán os labores de titoría. Abordarase así a historia e marco lexislativo da educación ambiental, a figura do educador, a economía circular, a formación de cidadáns conscientes e responsables, o fomento do desenvolvemento sostible, as técnicas, estratexias e deseño de actividades e materiais didácticos, o principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e a educación ambiental no sistema Sogama. 

As distintas temáticas irán asociadas aos correspondentes test de avaliación, que deberán ser superados polo alumnado para obter o diploma expedido pola Sociedade Galega do Medio Ambiente. De forma complementaria, o curso contará cun foro a través do cal se proporcionarán novas de actualidade e novidades de interese relacionadas cos contidos impartidos, servindo tamén de punto de encontro para o intercambio de coñecementos e experiencias por parte dos participantes, circunstancia que enriquecerá a formación e posibilitará a estensión daquelas boas prácticas con resultados probados e contrastados.


Formación afianzada

Nos últimos anos, Sogama xa impartiu 13 cursos de formación online, tanto básicos como avanzados, sobre xestión de residuos e economía circular, nos que participaron máis de 700 persoas pertencentes a distintos colectivos (profesorado, representantes políticos, técnicos municipais e membros das Forzas de Seguridade –Garda Civil e Policía). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias