El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación formará a 60 lucenses no sector forestal e gandeiro

16-01-2019 11:53:24

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, presentou hoxe, na Axencia de Colocación do Pazo de San Marcos, unha novaliña de formaciónpara a reconversión profesional de 60 veciños en sectores produtivos da provincia que requiren de man de obra cualificada, como son no ámbito forestal e agrogandeiro. Así llo trasladaron á Responsable de Emprego as agrupacións profesionais destes sectores -Unións Agrarias, ASEFOGA e a Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo-.   

López Izquierdo explicou que en Lugo existe unha necesidade de persoal cualificado nas empresas dos sectores forestal, silvícola e gandeiro, que hoxe en día non hai. Tendo en conta esta situación, o Goberno decidiu pór en marcha esta programaciónpara dar resposta á necesidade do tecido empresarial, crear emprego no rural e buscar unha solución á problemática do relevo xeracional que existe nestes ámbitos profesionais.Trátase da liña de capacitación profesional do DesenvolvendORural, o plan de Deputación de 2,2 millóns de euros para xerar emprego e poñer en valor o rural.   

Unha vez rematados os obradoiros, estableceranse bolsas de emprego dirixidas a estes participantes. Espérase acadar logo do procesoformativo unha inserción laboral, como mínimo, do 80% dos participantes.


Tres obradoiros con 900 horas de formación 

López Izquierdo destacou que con esta liña de formación gratuíta, ofreceranse case 900 horas de formación a través de tres obradoiros, cunhas 20 prazas cada un.Serán impartidos por Unións Agrarias, ASEFOGA e a Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo, e terán lugar todos eles na cidade de Lugo nun horario de 9:00 a 14:00 horas. As persoas interesadas en participar nalgunha destas tres accións formativas poderán formalizar a súa inscrición a través da Axencia de Colocación da Deputación ata o vindeiro 30 de xaneiro. Os cursos son:

.- Formación para granxas de leite e carne (Unións Agrarias). É un obradoiro que conta con 365 horas de formación coas que os participantes recibirán as competencias para traballar en granxas de leite e carne. Divídese en 4 eixos temáticos: manipulación de fitosanitarios, benestar animal, seguridade e saúde no traballo. Tamén se afondará na rutina e actividades específicas do día a díanas explotacións de vacún de leite.

.- Formación básica forestal (ASEFOGA). Ofrece 200 horas de aprendizaxe para formar aos alumnos no ámbito do aproveitamento forestal. Engloba catro aspectos:método de repoboación, aspectos xerais da silvicultura, coidados culturais, seguridade e saúde no traballo, e as actividades específicas no desenvolvemento das labores nas explotacións forestais.

.- Formación en transformación da madeira (Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo). Dispón de 300 horas de formación encamiñadas a dotar aos traballadores participantes de competencias xerais precisas para traballar en empresas de transformación. O aproveitamento dos produtos forestais, manexo de equipos, máquinas e ferramentas en condicións de seguridade ou prevención de riscos laborais, son só algúns dos ámbitos nos que se formarán os participantes.    


Necesidade real 

 Esta nova liña de formación e xeración de emprego que ofrece o Goberno da Deputación busca dar resposta ás demandas das empresas que pertencen a estes sectores profesionais. Estas, trasladaron á Deputada en distintas reunións de traballo á necesidade de promover a formación de traballadores cualificados no eido forestal e agrogandeiro. Deste xeito, o Goberno Provincial decidiu pór en marcha esta programación en base a unha necesidade real do tecido produtivo lucense co fin de conseguir incrementar o número de traballadores formados, crear emprego no rural e promover o relevo xeracional deste tipo de explotacións. 


DesenvolvendORural

Estas accións formativas constitúen a cuarta liña de actuación do programa DesenvolvendORural, o 1º Plan de desenvolvemento integral da provincia. Trátase dun pioneiro plan, dotado de 2,2 millóns de euros, co que o Executivo da Deputación muda a súa política de emprego, dirixíndoa a promoción económica e social para impulsar e poñer en valor o rural lucense. Busca cumprir 2 obxectivos a longo prazo: xerar emprego e fixar poboación na provincia. Está composto por 4 liñas básicas de acción: tecendo emprego, plan de 1ª oportunidade, premios ao emprendemento rural e capacitación profesional. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias