El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | GALICIA

Feijóo reivindica o PPdeG como o partido que máis se parece a Galicia

02-02-2019 16:24:56
Núñez Feijóo, presidente de la Xunta.

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o PPdeG como o partido que máis se parece a Galicia, fronte ás demais formacións que demostran que Galicia non lles importa nada.

Así, durante o acto de presentación dos 313 candidatos, Feijóo indicou que hai partidos que, tendo a oportunidade de gobernar durante estes catro anos, non fixeron nada e só se centraron nas súas leas de partido; que pedirán o voto para Bildu e para Esquerra Republicana; ou que só gobernan para os seus socios e, mentres aos galegos lles baixa un 30% os Presupostos do Estado, a outros territorios sóbellos arredor dun 30%.


O partido que máis se parece a Galicia

O presidente dos populares galegos volveu incidir na honra e no orgullo de pertencer ao Partido Popular. E é que, tal e como apuntou, desde os inicios do Estado Autonómico, o PPdeG demostrou ser unha formación de goberno, Fronte a partidos que cren que defender España é incompatible con defender Galicia, Feijóo salientou que no PPdeG quérese “unha Galicia que progrese para unha España que progrese; unha Galicia que creza para un España que creza; e unha Galicia máis grande para unha España máis grande”. grazas á visión de país de Xerardo Fernández Albor; ao igual que demostrou, grazas a Manuel Fraga, que é compatible dar todo por unha autonomía co sentido de Estado.

Para Feijóo, “ningún partido fixo máis por España que o PP e ningún partido fixo máis por Galicia que o PPdeG”. Neste senso, salientou que a Galicia que construíu a súa autonomía constitucional, que progresou e que combateu a peor das crises, non é froito de ningún partido, senón dos galegos. Do mesmo xeito, dixo que, por ser unha formación que está sempre ao servizo dos galegos e que tenta ser un instrumento útil e poñer en valor o esforzo das familias, o PPdeG “é froito de Galicia, das galegas e dos galegos”.

Feijóo subliñou que o PPdeG, grazas a que é un partido feito e moldeado polos galegos, que avanza sempre ao seu carón e que sinte Galicia e España como o sente a comunidade; é o partido que máis se parece a Galicia: “Temos experiencia, traxectoria, xestión, estivemos nos momentos importantes da historia ou contribuímos ao progreso; pero o maior orgullo de ser do Partido Popular de Galicia é que somos o partido que máis se parece a Galicia”.    

Dixo pertencer a un partido con principios e que, como Galicia, sabe aplicar o “puro sentidiño”; afastado do oportunismo, da intolerancia e da intransixencia; con argumentos, que prefire sumar e que defende sempre os intereses xerais. “Nós non necesitamos impoñer nada a ninguén, porque preferimos convencer”, destacou Feijóo, quen engadiu que se fai coa liberdade, con programas e equipos, con traballo e co compromiso aos concellos, a Galicia e a España.


Os candidatos da Galicia auténtica

Ante un auditorio de preto de 2.000 persoas, Feijóo salientou que os candidatos dos 313 concellos representan “á Galicia auténtica”: ao rural, ás cidades, aos autónomos, aos empresarios, aos mozos, aos máis veteranos, aos que falan galego e aos que falan castelán. Tal e como indicou, os candidatos do PPdeG son os únicos que teñen a garantía de que se sabe a quen se vota: progreso, benestar, estabilidade, xestión, equipos, veciños, propostas, Galicia e España.

Dixo que, ao mesmo tempo que todos os partidos critican ao PPdeG, todos queren os seus equipos, os seus resultados na xestión e a súa presenza, programa e propostas en cada un dos concellos: “Poden imitar o que pensamos e como falamos –engadiu-, pero nin poden imitar todo o que fixemos nin poden copiar todo o que somos”.

Incidiu en que o PPdeG ten 313 candidatos ao servizo dos concellos e 313 equipos cos pés na terra, que coñecen Galicia, que aman España, que saben como facer que un concello funcione e sempre dispostos a escoitar as demandas dos veciños para convertelas en realidade. Candidatos, dixo, aos que nin os populistas nin os independentistas lles marcan a axenda; que non defenden que Galicia teña o peor orzamento do Estado de toda España; que non se presentan á reelección despois dun mandato enteiro de apatía, vagancia e decepción; que non van pasearse por Galicia pedindo o voto para Bildu e para Esquerra; nin que tampouco se presentan polo PPdeG porque ningún outro partido lle deu un cargo.

Por iso, para finalizar, incidiu en que o PPdeG ofrecerá o que demanda Galicia: eficacia, solvencia, proxectos razoables, diálogo, xestión, sentidiño, visión de conxunto e unidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias